Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 20/07/2021

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

MARTES, 20 DE XULLO DE 2021

N.º 164

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
SECCIÓN DE PATRIMONIO
Anuncio A Xunta de Goberno en sesión ordinaria de data 16 de xullo de 2021 aprobou a proposta relativa o PREGO DE
CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE REXERÁN NO PROCEDEMENTO PARA O ALLEAMENTO DE
DIVERSAS CABEZAS DE GANDO DA GRANXA PROVINCIAL GAYOSO CASTRO mediante a celebración dunha poxa , do seguinte teor literal:

Cláusula 1. Obxecto do procedemento.
É obxecto do presente procedemento o alleamento, por medio de poxa pública á alza e de xeito individualizado, de 28 bovinos de raza cachena e de 27 bovinos de raza frisoa que forman parte do fato de gando vacún existente na Granxa Provincial Gayoso Castro que se declaran excedentes no censo de animais segundo relación de semoventes bovinos que se xunta.
Cláusula 2. Réxime xurídico.
A lexislación aplicable ao presente procedemento será a seguinte: Lei 7/1985 de 2 de abril Reguladora das Bases do Réxime Local, o Real Decreto Lexislativo 781/1986 do Texto Refundido das disposicións vixentes en materia de réxime local, a lexislación básica da Lei 33/2003, de 3 de novembro do Patrimonio das Administracións Públicas o Real Decreto 1372/1986 que aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais, a lexislación non básica da Lei 33/2003, de 3 de novembro do Patrimonio das Administracións Públicas, e o seu desenvolvemento regulamentario polo Real Decreto 1373/2009, de 28 de agosto.
Ademais, as partes quedan sometidas expresamente ao establecido neste prego de condicións e a presentación de ofertas implica a aceptación de todos os seus extremos.
En defecto das citadas normas, serán de aplicación a Lei 9/2017 de Contratos do Sector Público e as súas disposicións de desenvolvemento e as restantes normas do ordenamento xurídico, administrativo e civil.
Cláusula 3. Capacidade para contratar.
Poderán concorrer á presente licitación por sí o mediante representación, as persoas físicas ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que conten coa plena posesión da súa capacidade de obrar e non se atopen comprendidas en ningunha das circunstancias que sinala o artigo 71 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público.
Cláusula 4. Procedemento de alleamento.
O presente procedemento de alleamento efectuarase en réxime de concorrencia, mediante poxa pública á alza ou ascendente de xeito que comenzará por un prezo de saída que se irá incrementando a través de sucesivas poxas ata que quede un único participante ao que se adxudicará o exemplar bovino interesado ao prezo de remate ou prezo da última poxa realizada polo mellor ofertante e por tanto este será o prezo que terá que pagar o comprador, excluído os impostos pertinentes e os gastos de transporte ou doutra índole.
A poxa será en vivo e a mao alzada na que se poxará en cada momento e de xeito individualizado polo exemplar que se está licitando.

Anuncio publicado en: Num BOP 164 año 2021 20/07/2021
19/07/2021 08:00:00
13:57:49

De conformidade ás previsións contidas na Lei 33/2003 de 3 de novembro do Patrimonio das Administracións Públicas e o seu regulamento de aplicación, aprobado polo Real Decreto 1373/2009, de 28 de agosto e do Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de Bens das Administracións Locais, procedese a establecer as bases que rexerán o alleamento de 28 semoventes bovinos de raza cachena e 27 bovinos de raza frisoa de titularidade provincial mediante a celebración de poxa pública.

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 20/07/2021

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data20/07/2021

Conteggio pagine19

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni