Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 19/07/2021

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 163 luns, 19 de xullo de 2021

BOP Lugo
transcorran menos de dúas horas entre a hora de finalización da quenda e o inicio dun curso ou a hora de finalización do curso e o comezo da xornada de traballo.
Artigo 13º: Plus de posto.
Debido ás características intrínsecas de determinados postos acórdase establecer un complemento de posto para eles segundo táboa anexa III, sendo os seguintes:
-

Operadores de esterilizadores e persoal de torre plus esterilizadores/torre Persoal de mantemento e caldeiras plus mantemento/caldeiras
As persoas doutras sección que a empresa incorpore á sección da torre ou esterilizadores percibirán un plus diario de posto segundo táboa anexa III plus esterilizadores/torre diario.
Artigo 14º: Plus de traballo a quendas e traballo en sábado.
As persoas que desenvolvan o seu traballo en réxime de quendas percibirán mensualmente un plus polo importe indicado na táboa salarial anexa III plus quendas.
As persoas ás que na súa xornada ordinaria se inclúan os sábados percibirán o plus de sábados ata o 30 de maio do 2021. A partir do 1 de xuño do 2021 as persoas ás que na súa xornada ordinaria se inclúan os sábados en xornada completa, percibirán o plus de xornada extraordinaria e dispoñerán dun día de descanso.
Artigo 15º: Quebranto de moeda.
O caixeiro/a ou auxiliar de caixa e cobradores/as percibirán respectivamente, en concepto de quebranto de moeda, a cantidade mensual incluída na táboa salarial anexa III plus quebranto moeda caixeiro, plus quebranto moeda aux caixa/cobra.
Artigo 16º: Incremento salarial.
Acórdase que os incrementos durante a vixencia do convenio sexan os seguintes:

Ano 2021: 1%
Ano 2022: 1%
Ano 2023: 1%
Os anteriores incrementos serán de aplicación a todos os conceptos salariais, excepto aqueles conceptos salariais nos que se pactaron incrementos lineais e que se retribuirán coas cantidades establecidas para cada un dos anos de vixencia deste convenio, conforme ás táboas salariais, recollidas nos anexos do convenio.
No caso de que o IPC do ano 2022 fose superior ao 1,9%, constituirase a Comisión Negociadora deste convenio tan axiña como se coñeza para revisar o incremento salarial exclusivamente no exceso desde o 01/01/2023.
Unha vez coñecido o IPC real do 2023, se supera o 1,9%, constituirase a Comisión Negociadora deste convenio para revisar as táboas salariais exclusivamente no exceso desde o 31/12/2023
Retribución variable Plus Variable Calidade.
A maiores do anterior, establécese unha retribución variable para cada un dos anos de vixencia do Convenio, non absorbible nin compensable, ligada á consecución do obxectivo de reclamacións de consumidores/as, de acordo co seguinte criterio:
2,5 reclamacións por millón de litros 0,6%
3 reclamacións por millón de litros 0,5%
3,5 reclamacións por millón de litros 0,4%
4 reclamacións por millón de litros 0,3%
Esta táboa revisarase co comité no primeiro trimestre do ano 2022 de cara ao establecemento do variable de calidade para os anos 2022 e 2023 segundo a acta número novena do 3 de maio de 2021 da Comisión Negociadora do Convenio Colectivo Corporación Alimentaria Peñasanta S.A. centro de traballo de Robra.
O referido índice de reclamacións será aplicable ao volume de litros que se transformen anualmente nas seccións de UHT e Torre.
A 31 de xaneiro de cada ano terase o cociente definitivo do ano anterior. O seu aboamento farase na nómina de febreiro.
Artigo 17º: Prestacións complementarias.
a Complemento de IT. Durante o período de prestación por incapacidade temporal, a empresa aboará ata un máximo do 100% do salario regulador, desde o primeiro día da baixa e ata un máximo de 18 meses.

Anuncio publicado en: Num BOP 163 año 2021 19/07/2021
16/07/2021 08:00:00
11:00:58

Ano 2020: 1%

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 19/07/2021

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data19/07/2021

Conteggio pagine57

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni