Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 15/07/2021

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 160 xoves, 15 de xullo de 2021

BOP Lugo
Así mesmo , e de conformidade con artigo 253.1 da citada ei xeral tributaria, poderán interpoñer recurso de reposición perante a Sra. Alcaldesa-Presidente , no prazo dun mes, que comezará a contar dende o día seguinte ao do remate do período voluntario de pagamento.
Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición que no seu caso se formule, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo na forma e nos prazos que a tal efecto se establecen na Lei Reguladora da referida xurisdición.
Non obstante, poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren oportuno.
ANUNCIO DE COBRANZA
Para o cobramento dos mesmos, os contribuíntes que teñan domiciliados os recibos, estes seranlles adebedados nas contas bancarias respectivas.
O prazo de cobro , en período voluntario será de dous meses dende a publicación do Edicto de aprobación, transcorrido o mesmo procederase a esixir os xuros de mora e os recargas de acordo cos artigos 26 a 28 da Lei Xeral Tributaria.
A presente publicación, nos dous supostos , de edicto de exposición ao público do Padrón e anuncio de cobranza en fase voluntaria, ten o carácter de notificación colectiva, ao abeiro do establecido no artigo 102 da referida Lei Xeral tributaria.
Lourenzá, 1 de xullo de 2021.- A Alcadesa, Rocío López García.
R. 2095

MONFORTE DE LEMOS
APROBACION PADRÓN PREZOS PUBLICOS ESCOLAS MUSICA E DANZA XUÑO 2021.
Por Xunta de Goberno Local do día 28.06.2021 aprobouse o padrón dos Prezos Públicos Escolas Música e Danza do mes de xuño de 2021.
De acordo co disposto no artigo 102.3 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Lei xeral tributaria, notifícase colectivamente os recibos derivados deste padrón.
De conformidade coa Ordenanza xeral de ingresos municipais de dereito público, exporanse ao público nun prazo de 20 días, contados a partir do primeiro día do período de pago en voluntaria destes padróns, para que se poidan presentar as reclamacións pertinentes.
De acordo co artigo 14.2 c do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da lei das facendas locais, contra o acordo de aprobación dos padróns e das súas liquidacións poderase interpor recurso de reposición no prazo dun mes a contar dende o día seguinte ao remate da exposición pública dos padrón. Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición que no seu caso se formule, poderase interpor recurso contencioso-administrativo na forma e prazos que a tal efecto se establecen na Lei 25/98 de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso administrativa.
De acordo co disposto no artigo 62.3 da Lei xeral tributaria, fíxase como prazo de pago en período voluntario dende o 16.07.2021 ata o 16.09.2021.
Advírtese que transcorrido o prazo de ingreso en período voluntario, as débedas serán esixidas pola vía de constrinximento, e devindicaranse as correspondentes recargas do período executivo, os xuros de mora, e no seu caso, as costas que se produzan.
Monforte de Lemos, 6 de xullo de 2021.- O alcalde, José Tomé Roca.
R. 2096

Anuncio APROBACION PADRÓNS FISCAIS
IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES DE NATUREZA RÚSTICA
IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES DE CARACTERÍSTICAS ESPECIAIS
2021 E ANUNCIO DE COBRANZA
Por Xunta de Goberno Local do día 5.07.2021 aprobáronse os padróns fiscais do imposto sobre bens inmobles de natureza rústica e de características especiais do exercicio 2021.

Anuncio publicado en: Num BOP 160 año 2021 15/07/2021
14/07/2021 08:00:00
13:34:58

Anuncio

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 15/07/2021

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data15/07/2021

Conteggio pagine4

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni