Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 05/07/2021

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 151 luns, 5 de xullo de 2021

BOP Lugo
Emprego" incluído no Plan Provincial Único de cooperación cos Concellos 2021 da Deputación Provincial de Lugo e tendo en conta que unha das prazas non se cubriu por falta de aspirantes.
Atendendo á necesidade urxente de contratar persoal para reforzar o traballo das monitoras Gaia e tempo libre do Concello na prestación do servizo de Ocioteca, por Decreto da alcaldía nº 2021-0590 de data 30/06/2021
resólvese establecer un novo prazo de presentación de solicitudes para a contratación dun/dunha monitor/a de tempo libre ao abeiro do Programa Fomento do Emprego" incluído no Plan Provincial Único de cooperación cos Concellos 2021 da Deputación Provincial de Lugo, prazo que será de 5 días naturais contados dende o seguinte ao de publicación do correspondente anuncio no BOP de Lugo -si o último día do prazo é inhábil, trasladarase ó primeiro día hábil seguinte-.
O proceso de selección rexerase polas bases aprobadas por Decreto de Alcaldía de n º 2 0 2 1 - 0 4 7 9 de data 28/ 0 5 / 2 0 2 1 e publicadas no BOP de Lugo nº 126 de 05/06/2021.
Burela, 30 de xuño de 2021.- O Alcalde Presidente, Alfredo Llano García.
R. 2000

MURAS
Anuncio O Concello Pleno, en sesión ordinaria levada a cabo o día 30 de xuño de 2021, acordou aprobar inicialmente a modificación da Ordenanza fiscal reguladora do precio público do Punto de Atención á Infancia PAI.
De conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 7/1985 de 2 de abril reguladora das Bases de Réximen Local, sométese o expediente a información pública e audiencia dos interesados por un periodo de trinta 30 días hábiles, a contar desde o seguinte ao da publicación do anuncio no BOP, co fin de que durante este periodo póidase formular as reclamacións e suxestións que se condireren oportunas.

O que se fai público para xeral coñecemento e aos efectos oportunos.
Muras, 1 de xullo de 2021.- O Alcalde, Manuel Requeijo Arnejo.
R. 2001

Anuncio BASES DA CONVOCATORIA DE AXUDAS AO PAGO DA FACTURA DA LUZ DO CONCELLO DE MURAS NO
EXERCICIO 2021
Exposición de motivos Galiza é unha potencia enerxética, somos un país que exporta unha boa parte da enerxía que produce, e non é de agora, pois xa no ano 1961 Galiza chegou a exportar o 76,6% da electricidade producida. Segundo o último estudio enerxético do INEGA, que fai referencia a datos do 2012, exportamos arredor do 40% da enerxía que producimos, tendo en conta que o 10% da potencia instalada de España, está en Galiza. E segundo eses mesmos datos, as exportacións de enerxía transformada e xerada en Galiza aumentaron nun 19,8% no 2012.
O 34% da enerxía primaria galega procede do vento, que é o recurso natural que se explota no noso concello e seguindo os datos mencionados do ano 2012, queremos sinalar que no noso país existen 153 centrais eólicas, das que 20 están aloxadas no noso municipio e contan con 381 muíños eólicos. A potencia instalada eólica de Galiza era de 3.313 MW o 31% do Estado Español, e produciu nese mesmo ano 8.059 GWh o 27.25% do Estado Español, namentres, só consumimos 693 Ktep. Nese ano 2012, a electricidade procedente de fontes renovábeis, supuxeron o 66.4% da electricidade consumida en Galiza, alcanzando cotas maiores noutros anos, como no 2010, que chegou ao 94.5%. Observamos pois, que a electricidade xerada é maior que a consumida, pois a vista queda que temos taxas de autoabastecemento moi significativas. En definitiva, fica claro que Galiza é netamente exportadora de enerxía eléctrica, o que nos converte nunha potencia enerxética, como anotabamos ao principio, e soportando importantes custos sociais e ambientais, mais nunca esta capacidade repercute en beneficio do pobo galego e da súa economía, como imos ver a continuación.
A coñecida como factura da Luz subiu nos últimos dez anos, case o 80%, para os consumidores finais. O prezo da electricidade aumenta, aportando grandes beneficios ás empresas enerxéticas, en boa medida grazas aos cambios normativos das reformas eléctricas, facilitados polos gobernos do Estado en Madrid. Houbo un incremento do 150,1% do prezo do kilovatio de potencia contratada, con respecto ao vixente en 2005, e do 66,2
% do prezo do kilovatio-hora consumido. Na lexislatura 2012-2015 produciuse a gran subida, que foi dun 16,2%
e representou arredor de 500 euros acumulados para o usuario medio.
O ano pasado o recibo do usuario medio situouse en 66,37 euros a mediados de ano, no caso de usuarios con contadores sen a tarificación por horas. Este ano, a partir do 1 de xuño entrou en vigor a nova factura da luz,
Anuncio publicado en: Num BOP 151 año 2021 05/07/2021
02/07/2021 08:00:00
13:30:41

Se non se presentasen reclamacións a modificación da ordenanza entenderase definitivamente aprobada.

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 05/07/2021

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data05/07/2021

Conteggio pagine12

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni