Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 16/04/2021

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

VENRES, 16 DE ABRIL DE 2021

N.º 085

XUNTA DE GALICIA
CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE. AUGAS DE GALICIA. SERVIZO
TERRITORIAL DE LUGO
Anuncio INFORMACIÓN PÚBLICA
Fernando López Lago solicita de Augas de Galicia a autorización de obras en zona de policía. O presente anuncio ten por obxecto abrir a regulamentaria información pública que prescribe o art. 52 do Regulamento do dominio público hidráulico. Expediente: DH.W27.71470

O que se fai público para xeral coñecemento, por un prazo de vinte 20 días a partir do seguinte á data de publicación no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que os que se sintan prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, no Concello de Cervo ou nas oficinas deste servizo, situadas na Ronda da Muralla, 70, 2º, onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe.
Lugo, 9 de abril de 2021.- A xefa do servizo territorial, Rocío Carreira Carral.
R. 0965

XEFATURA TERRITORIAL DA VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN. DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO
Anuncio Resolución do 30 de marzo de 2021 da Xefatura Territorial de Lugo pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lugo. Expediente IN407A 2020-07AT
Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:
- Peticionario: UFD Distribución electricidad S.A.
- Domicilio Social: Avda. San Luis, 77. 28033 Madrid - Denominación: RETRANQUEO LMTS LUGAR SAAMASAS, 0LUGO e o seu ANEXO
- Situación: concello de Lugo - Visado: Si, Colexio oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de A Coruña con número de visado 294/20-CO en datas 4 de febreiro de 2020 e 11 de xuño de 2020 respectivamente.
- Características técnicas principais:

Liña de media tensión aérea LUG 801 Gomean 1 con orixe no apoio existente BOPJ8CU8//D10 e final no apoio proxectado 2xC-7000-22//D11N, cunha lonxitude de 45 metros de condutor tipo LA-110.

Liña de media tensión aérea LUG 802 Guntín 2 con orixe no apoio existente BOPJ8CU8//D10 e final no apoio proxectado 2xC-7000-22//D11N, cunha lonxitude de 45 metros de condutor tipo LA-110.

Liña de media tensión soterrada LUG 801 Gomean 1 con orixe no apoio proxectado 2xC-7000-22//D11N e final no apoio proxectado 2xC-9000-16//D14N cunha lonxitude de 575 metros de condutor tipo RHZ1240mm.

Anuncio publicado en: Num BOP 85 año 2021 16/04/2021
15/04/2021 08:00:00
12:36:49

As obras solicitadas consisten na construción dunha vivenda unifamiliar na parcela con referencia catastral 9868013PJ2396N0000WU, acondicionamento e peche da parcela e retirada de canalización no paso que da acceso á parcela sobre o rego Figueirido e acondicionamento deste, no lugar de Figueirido, na parroquia de Sargadelos, no concello de Cervo Lugo.

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 16/04/2021

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data16/04/2021

Conteggio pagine9

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni