Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 14/04/2021

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

MÉRCORES, 14 DE ABRIL DE 2021

N.º 083

XUNTA DE GALICIA
XEFATURA TERRITORIAL DA VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN. DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO
Anuncio Resolución do 30 de marzo de 2021 da Xefatura Territorial de Lugo pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lugo. Expediente IN407A
2020-75AT

-

Peticionario: INGELUX GALICIA S.L.

-

Domicilio Social: Camino de las Huertas, 18-2º. Pozuelo de Alarcón. Madrid
-

Denominación: C.T. DE 250 KVA Y L.M.T. SUBTERRANEA PARA SUMINISTRO A UN EDIFICIO DE VIVIENDAS

-

Situación: concello de Lugo
-

Declaración responsable: Si.

-

Características técnicas principais:

Centro de transformación en edificio non prefabricado ubicado no Carril das Hortas n.º 23 Lugo, cunha potencia proxectada de 250kVA, no cal se instalan duas celas de liña e unha de protección, relación de transformación 20.000/400- 230 V. A liña de media tensión que alimenta o CT corresponde ao Expte: 12- 2020AT.
-

Finalidade da instalación : Novo suministro.

-

Orzamento: 38.371,52 €

-

Documentación complementaria:

Separata para o Concello de Lugo Separata para BEGASA
Esta xefatura territorial, de acordo cas competencias que resultan do Decreto 230/2020, de 23 de decembro, polo que se establece la estrutura orgánica da consellería, y tendo en conta o Decreto 9/2017, de 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:
En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción a ditas instalacións sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionado ao cumprimento das seguintes condicións:
Primeira: As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, debendo realizarse a Dirección de Obra por técnico competente.
Segunda: O peticionario asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.
Terceira: En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular, canto establece a lei 24/2013, de 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real Decreto 223/2008, de 15 de febreiro, polo que se aproban o regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas da alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, o Real Decreto 337/2014, de 9 de maio, polo que se aproban o regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

Anuncio publicado en: Num BOP 83 año 2021 14/04/2021
13/04/2021 08:00:00
13:17:52

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 14/04/2021

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data14/04/2021

Conteggio pagine34

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni