Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 08/04/2021

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

XOVES, 8 DE ABRIL DE 2021

N.º 078

CONCELLOS
GUITIRIZ
Anuncio Aprobado por Decreto de Alcaldía o Padrón fiscal do servizo público de axuda no fogar SAF na modalidade de libre concorrencia e dependencia, correspondente aos meses de xaneiro e febreiro de 2021, polos seguintes importes:
- Modalidade libre concorrencia: 2.159,48 €
- Modalidade dependencia: 11.136,20 €

Contra o acordo de aprobación do correspondente Padrón, poderá interpoñerse con carácter perceptivo recurso de reposición ante a Alcaldía no prazo dun mes, contado dende o día inmediato seguinte ó do remate da exposición pública do correspondente Padrón.
A cobranza en período voluntario das taxas do padrón do servizo público de axuda no fogar SAF na modalidade de libre concorrencia e dependencia correspondentes aos meses de xaneiro e febreiro de 2021, terá lugar dende o día 15/03/2021 ao 15/05/2021 ambos incluídos. Os recibos que figuran domiciliados, enviaranse ás respectivas entidades para o seu cargo nas contas designadas polos contribuíntes.
A presente publicación surtirá efectos de notificación colectiva da liquidación tributaria, ao amparo do establecido no artigo 102.3 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.
Guitiriz, 17 de marzo de 2021.- A Alcaldesa, María Sol Morandeira Morandeira.
R. 0846

Anuncio APROBACION DEFINITIVA ORDENANZA DO SERVIZO DE SANEAMENTO E DEPURACIÓN DE AUGAS RESIDUAIS
DO CONCELLO DE GUITIRIZ. Expte. 1111/2020
Sendo aprobado inicialmente a Ordenanza do Servizo de Saneamento e Depuración de Augas Residuais do Concello de Guitiriz por acordo adoptado na sesión plenaria ordinaria de data 28/01/2021, e transcorrido o prazo de 30 de días de exposición pública sen presentarse alegacións contra este, elévase a definitiva a aprobación inicial e publícase integramente en cumprimento do preceptuado no art. 70.2 da Lei Reguladora das Bases do Réxime Local, entrando en vigor unha vez transcorrido o prazo previsto no artigo 65.2 da Lei 7/1985
do 2 de abril.
Contra esta disposición administrativa de carácter xeral non caberá recurso en vía administrativa, de acordo co artigo 112.3 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións publicas, se ben se poderá impugnar directamente diante da xurisdición contencioso-administrativa.
De conformidade co establecido no artigo 46 en relación co 10.1.b, ambos os dous da Lei 29/1998, do 23 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, contra o presente acordo de aprobación da ordenanza, os interesados poderán interpor recurso contencioso-administrativo diante da Sala do ContenciosoAdministrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
Poderán, así mesmo, interpor calquera outro recurso que estimen procedente ou conveniente.
O texto íntegro do regulamento aprobado con carácter definitivo é o seguinte:

Anuncio publicado en: Num BOP 78 año 2021 08/04/2021
07/04/2021 08:00:00
12:51:26

O Padrón quedará exposto ao público no Concello durante o prazo de 15 días, contados a partir do día seguinte ao da inserción do presente edicto no BOP, ao obxecto de que poida ser examinado e presentar as reclamacións que se estimen pertinentes, considerándose definitivamente aprobado no caso de que non se produzcan reclamacións contra o mesmo.

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 08/04/2021

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data08/04/2021

Conteggio pagine35

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni