Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 25/02/2021

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 045 xoves, 25 de febreiro de 2021

BOP Lugo
interpoña calquera outra que se estime oportuno.
BASES ESPECÍFICAS PARA ELABORACIÓN/AMPLIACIÓN DE LISTAXES PARA PRESTACIÓN DE SERVIZOS DE
CARÁCTER TEMPORAL NA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO EN PRAZAS/POSTOS/EMPREGOS DE
AUXILIAR DE SALA, GRUPO C - SUBGRUPO C2.
1. OBXECTO DAS BASES ESPECÍFICAS
O obxecto das presentes bases específicas é complementar as Bases Xerais polas que se establecen as normas para a elaboración de listaxes para a prestación de servizos de carácter temporal na Deputación Provincial de Lugo Cota Xeral ou cota de discapacitados, aprobadas na Xunta de Goberno de 13 de marzo de 2020 BOP
núm. 079, do 6 de abril de 2020, corrección de erros aprobado na Xunta de Goberno de 10 de xullo de 2020
BOP núm. 161, do 15 de xullo de 2020, 2. CARACTERÍSTICAS DA PRAZA/POSTO/EMPREGO DA LISTAXE QUE SE CONVOCA
DENOMINACIÓN

AUXILIAR DE SALA

GRUPO

SUBGRUPO

ADSCRICIÓN

RETRIBUCIÓNS

C2

Á Rede Museística Provincial da Deputación de Lugo ou as distintas unidades administrativas que requiran das ditas funcións especializadas unha vez motivada a preceptiva necesidade urxente e inaprazable da incorporación
As correspondentes á praza e ao posto de nivel de entrada.

C

En canto ao contido funcional da praza/posto/emprego que se convoca será o sinalado na vixente Relación de Postos de Traballo ou, se é o caso, na disposición que a substitúa.
En ausencia dos anteriores instrumentos, as persoas ocupantes realizarán as funcións que lles sexan atribuídas por calquera outra norma ou polo/a correspondente superior/a xerárquico/a.
4. REQUISITOS QUE DEBEN CUMPRIR AS PERSOAS ASPIRANTES PARA SER ADMITIDAS AO PROCESO
SELECTIVO
Ademais do sinalado na base xeral 4, as persoas aspirantes deberán estar en posesión da seguinte titulación académica, de acordo co artigo 76 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público:
Graduado/a en Educación Secundaria Obrigatoria ESO ou equivalente.
5. NIVEL DE GALEGO ESIXIDO: Celga 4
6. PROGRAMA
A MATERIAS COMÚNS
1.- A Constitución Española. Principios Xerais. A provincia como entidade local. A Deputación de Lugo as súas competencias e organización.
2.- O persoal ao servizo da Administración Local. Clases. Dereitos e deberes dos/as empregados/as públicos/as.
B MATERIAS ESPECÍFICAS
1.- A Rede Museística da Deputación de Lugo. Historia dos museos que a integran e das coleccións que albergan.
Peculiaridades de cada un dos catros museos e estratexias de mediación e intercomunicación coa respectivas contornas.
2.- A Rede Museística da Deputación de Lugo como referente da Museoloxía Social. Os Museos inclusivos e sociais. Pautas para a atención a visitantes individuais ou a colectivos con dificultades cognitivas e de exclusión social.
3.- O auxiliar de sala como dinamizador e mediador cultural: A atención e información aos visitantes individuais e en grupo. As Visitas guiadas/mediadas a grupos e colectivos en xeral. Visitas guiadas adaptadas para persoas con discapacidade. A Elaboración de accións e actividades didácticas O auxiliar de sala como axente de apoio na seguridade e na conservación preventiva nos museos e outras colaboracións.
4.- A Historia e contidos das coleccións de Belas Artes dos catro museos da Rede Museística dende Museoloxía social. Estratexias e actividades de mediación con diferentes tipos de visitantes, contornas e contextos online e presencial.

Anuncio publicado en: Num BOP 45 año 2021 25/02/2021
24/02/2021 08:00:00
09:57:12

3. COMETIDO FUNCIONAL

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 25/02/2021

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data25/02/2021

Conteggio pagine12

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni

<<<Febrero 2021>>>
DLMMJVS
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28