Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 02/02/2021

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 026 martes, 2 de febreiro de 2021

BOP Lugo
Concello, sinalando un prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación no Boletín Oficial da Provincia, para que se poidan formular reclamacións ou emendar os defectos que motiven a exclusión.
-Transcorrido o prazo de emenda aprobarase a lista definitiva de persoas aspirantes admitidos/as e excluídos/as, facendo constar ademáis, a designación nominal do Tribunal. Publicarase no Boletín Oficial da Provincia, na sede electrónica do Concello e no Taboleiro de Anuncios e procederase na mesma a facer constar o día, hora e lugar en que deberán realizarse a/as probas e a orde de chamamento.
Friol, 21 de xaneiro de 2021.- O Alcalde, José Ángel Santos Sánchez.
R. 0197

LUGO
Anuncio A Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo, en sesión ordinaria celebrada o día 13 de xaneiro de 2021
adoptou, entre outros, o acordo 15/15 MODIFICACIÓN DO ACORDO 17/339 APROBACIÓN DAS BASES QUE
REXERÁN O CONCURSO PARA A PROVISIÓN DE VARIOS POSTOS DE TRABALLO NO EXCMO. CONCELLO DE LUGO
PARA XEFES DE SERVIZO polo que acordou a modificación do acordo 17/339 aprobación das Bases que rexerán ó concurso para a provisión de varios postos de traballo no Concello de Lugo para Xefes de Servizo, de xeito que onde di:
3.- REQUISITOS PARA PARTICIPAR NA CONVOCATORIA DE CONCURSO
A Ser funcionarios/as de carreira de calquera Administración Pública, con praza en propiedade, pertencente á Escala, Subescala e Grupo establecida no Anexo.

debe dicir:
3.- REQUISITOS PARA PARTICIPAR NA CONVOCATORIA DE CONCURSO
A Ser funcionarios/as de carreira de calquera Administración Pública, con praza en propiedade, pertencente á Escala, Subescala e Grupo establecida no Anexo, cunha antigidade mínima de tres anos como persoal funcionario de carreira.
B Atoparse en calquera situación administrativa, excepto en situación de suspensión firme ou de excedencia voluntaria por interese particular ou por agrupación familiar, sen ter transcorrido o prazo legal obrigatorio de permanencia de seis meses dende que ocupou con carácter definitivo un posto de traballo obtido por concurso.
Lugo, 26 de xaneiro de 2021.- A Tenenta de Alcaldesa Delegada da Area de Gobernanza: Economía e Recursos Humanos, Mercedes Paula Alvarellos Fondo.
R. 0198

Anuncio O Excmo. Concello Pleno, en sesión ordinaria celebrada o 30 de decembro de 2020, adoptou, entre outros o acordo 2/145 MODIFICACIÓN DO ARTIGO 57 DO REGULAMENTO INTERNO DE PERSOAL: RESOLUCIÓN DE
ALEGACIÓNS E DE APROBACIÓN DEFINITIVA, de aprobación definitiva -unha vez rematado o prazo de exposición pública para alegacións e resoltas estasda modificación do Regulamento Interno de Persoal, quedando o mencionado artigo redactado do seguinte xeito:
Art: 57: En todos os gastos referentes a órtoses e próteses, aboarase aos funcionarios municipais, activos ou pasivos, o 80% de cada factura presentada coa petición de axuda, e polos conceptos e importes máximos que periodicamente se fixen nos correspondentes decretos de actualización.
Lugo, 26 de xaneiro de 2021.- A Tenenta de Alcaldesa Delegada da Area de Gobernanza: Economía e Recursos Humanos, Mercedes Paula Alvarellos Fondo.
R. 0199

Anuncio publicado en: Num BOP 26 año 2021 02/02/2021
01/02/2021 08:00:00
10:15:52

B Atoparse en calquera situación administrativa, excepto en situación de suspensión firme ou de excedencia voluntaria por interese particular ou por agrupación familiar, sen ter transcorrido o prazo legal obrigatorio de permanencia de dous anos.

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 02/02/2021

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data02/02/2021

Conteggio pagine24

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni

<<<Febrero 2021>>>
DLMMJVS
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28