Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 25/06/2020

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 144 xoves, 25 de xuño de 2020

BOP Lugo
A falta de pagamento do canón da auga da Xunta de Galicia no período voluntario sinalado suporá a esixencia do mesmo directamente ao contribuínte pola vía de constrinximento pola consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia. A repercusión do canón da auga poderá ser obxecto de reclamación económicoadministrativa ante o órgano económico-administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia no prazo de un mes dende que se entenda producida a notificación.
A presente publicación, nos dous supostos, de edicto de exposición ó público dos padróns e anuncio de cobranza, ten o carácter de notificación colectiva, ó amparo do establecido no artigo 102.3 da Lei Xeral Tributaria e 23 e 24 do RD939/2005, de 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Recadación.
Begonte, 11 de xuño de 2020.- O ALCALDE, José Ulla Rocha.
R. 1185

BURELA
Anuncio Expediente: 674/2020

Así mesmo, e de conformidade co artigo 14 do texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, os interesados poderán interpoñer recurso de reposición ante o alcalde - presidente, no prazo dun mes, contado dende a finalización do período de exposición pública deste padrón fiscal no Boletín Oficial da Provincia.
Contra a resolución do recurso de reposición, expresa ou tácita, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, nos prazos sinalados no artigo 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, Reguladora da Xurisdición Contencioso Administrativa. Transcorrido o período de pago en voluntaria as débedas co municipio serán esixidas polo procedemento de constrinximento co correspondente recargo de mora e costas que se produzan.
A falta de pagamento do Canon de Auga da Xunta no período voluntario sinalado suporá a esixencia do mesmo directamente ao contribuínte pola vía de constrinximento pola Consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia. A repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de reclamación economico-administrativa ante o órgano económico-administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia no prazo dun mes dende esta notificación.
O presente anuncio ten carácter de notificación colectiva ao abeiro do establecido nos artigos 102 apartado 3 da Lei 58/ 2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria e 23 e 24 do R.D. 939/2005, de 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Recadación.
Burela, 11 de xuño de 2020.- O ALCALDE, ALFREDO LLANO GARCIA.
R. 1186

COSPEITO
Anuncio BASES PARA A PROVISIÓN DE 4 PRAZAS DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL DE PEÓN DE BRIGADA DE
PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS 3 PRAZAS DE PEÓN DE BRIGADA E 1
PRAZA DE PEÓN CONDUCTOR. 2020.
1.- OBXECTO.
O obxecto das presentes bases é regular o proceso selectivo para cubrir como persoal laboral temporal mediante concurso-oposición 3 prazas de peón de brigada de prevención e defensa contra incendios forestais e 1 praza de peón conductor, ao abeiro do Convenio de colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e o Concello de Cospeito para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais mediante a actuación de medios de prevención e defensa, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural FEADER no marco do PDR de Galicia 2014-2020

Anuncio publicado en: Num BOP 144 año 2020 25/06/2020
23/06/2020 08:00:00
14:26:28

Aprobado por acordo da Xunta de Goberno Local, na sesión celebrada o 27 de maio de 2020, o Padrón por liquidación das taxas do servizo de abastecemento domiciliario de augas, sumidoiros e recollida de lixo, así como o canón de auga da Xunta de Galicia, correspondente ao Primeiro Bimestre do exercicio 2020, procédese a apertura do período de información pública por prazo de vinte días hábiles a partir da publicación do presente edicto no B.O.P. durante o cal todos os interesados poderán consultar o seu contido nas oficinas do Concello e presentar as alegacións que estimen oportunas. Queda aberto o prazo de cobro en período voluntario por peiodo de dous meses a computar dende o día seguinte á presente publicación no BOP de Lugo.

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 25/06/2020

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data25/06/2020

Conteggio pagine32

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni