Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 28/05/2020

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

8

Núm. 121 xoves, 28 de maio de 2020

BOP Lugo
As mocións carecerán da eficacia precisa para a adopción inmediata de acordos que esixan informes técnicos, económicos ou xurídicos, necesarios para garantir a oportunidade, posibilidade ou legalidade dos pronunciamentos do acordo que adopte. Non responderán á tramitación ordinaria dun expediente, nin poderán recoller proposta de acordo administrativo. En canto ao número de mocións a presentar por cada sesión serán dun máximo de dúas por Grupo.
Asuntos urxentes: É a proposta, referente a expedientes de tramitación ordinaria, ou moción; sométese directamente o coñecemento do Pleno unha vez concluído o exame dos asuntos da parte resolutiva da orde do día e antes de pasar á parte de control. Para este efecto a Presidencia preguntará se algún grupo político desexa someter á consideración do Pleno por razóns de urxencia, algún asunto non comprendido na parte resolutiva da orde do día. Se así fóra, o/a portavoz do grupo propoñente ou concelleiro/a non adscrito xustificará a urxencia do asunto e o Pleno votará, acto seguido, sobre a procedencia do seu debate. A urxencia será declarada cando sexa considerada pola da maioría absoluta dos membros da Corporación.
Comparecencias: É unha petición formulada por un/a concelleiro/a con responsabilidade de goberno ou por un membro da Xunta de Goberno sobre a súa propia xestión ou por un grupo político municipal. Formularase mediante escrito presentado no Rexistro para os efectos da súa inclusión na parte de control da orde do día dos Plenos ordinarios e referente á comparecencia dun/a determinado/a membro do equipo de goberno que responderá sobre a xestión da súa área.
Rogo: É a proposta de actuación formulada no punto correspondente das sesións ordinarias do Pleno por un/a concelleiro/a ou por un grupo político municipal, que se dirixe á Presidencia, ou aos membros da Corporación que ostenten competencias delegadas da Alcaldía. Poderanse realizar ata 3 rogos por sesión e Grupo municipal.
Pregunta: É calquera cuestión presentada no punto correspondente das sesións ordinarias do Pleno, por un/a concelleiro/a ou por un grupo político municipal, relativa á actividade municipal. Poderase formular verbalmente ou por escrito. En canto ao número de preguntas a formular para cada sesión serán dun máximo de cinco por Grupo municipal.

a Diga palabras ou verta conceptos ofensivos á Corporación ou os seus membros, ás institucións públicas ou a calquera outra persoa ou entidade.
b Produza interrupcións ou, de calquera outra forma, altere a orde das sesións.
c Pretenda facer uso da palabra sen que lle fora concedida ou unha vez que lle fora retirada.
2. Tras tres chamadas á orde na mesma sesión, coa advertencia na segunda das consecuencias dunha nova chamada, o Presidente poderá ordenar a un Concelleiro/a que abandone o local en que se estea celebrando a reunión, adoptando as medidas que considere oportunas para facer efectiva a expulsión.
Artigo 40. Os Concelleiros/as sentarán no Salón de Plenos da Corporación por grupos municipais e estes, á súa vez, por orde segundo o número de Concelleiros/as que o integren. En caso de igualdade, terá a preferencia o grupo que houber obtido maior número de votos.
Artigo 41. Se algún dos membros compoñentes do grupo municipal sepárase do mesmo para pasarse ao mixto, devandito grupo quedará disolto se non mantivese despois o número mínimo esixido para formalo. Neste suposto os seus compoñentes pasarán a integrarse no grupo mixto.
Artigo 42. O grupo municipal terá un só nome non procedendo formarse o mesmo por varias siglas en distintos partidos políticos. Non se permitirá que un grupo municipal tome nome distinto ao das forzas políticas que acudiron ao proceso electoral do Partido que se trate.
Disposición final: O presente Regulamento entrará en vigor una vez publicado o seu texto íntegro no Boletín Oficial da Provincia e transcorra o prazo previsto no artigo 65.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, por remisión do disposto no artigo 70.2 da mesma. En virtude do artigo 131 da Lei 39/2015 publicarase igualmente na https sarria.sedelectronica.es.
Contra o presente Acordo, interporase recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do ContenciosoAdministrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte á publicación do presente anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, da Xurisdición Contencioso-Administrativa.
Sarria, 21 maio de 2020.- O Alcalde, Claudio M. Garrido Martinez.
R. 0914

TABOADA
Anuncio EXPOSICIÓN PÚBLICA DA CONTA XERAL 2019

Anuncio publicado en: Num BOP 121 año 2020 28/05/2020
27/05/2020 08:00:00
12:13:39

Chamadas á orde: O Presidente poderá chamar á orde a calquera membro da Corporación que:

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 28/05/2020

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data28/05/2020

Conteggio pagine9

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni