Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 19/05/2020

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

MARTES, 19 DE MAIO DE 2020

N.º 113

CONCELLOS
BURELA
Anuncio
Así mesmo, e de conformidade co artigo 14 do texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, os interesados poderán interpoñer recurso de reposición ante o alcalde - presidente, no prazo dun mes, contado dende a finalización do período de exposición pública deste padrón fiscal no Boletín Oficial da Provincia. De acordo co establecido na Disposición Adicional Oitava do Real Decreto-lei 11/2020, do 31 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer fronte ao COVID-19, o prazo para interpoñer recursos de reposición empezará a contarse desde o 30 de maio de 2020.
Contra a resolución do recurso de reposición, expresa ou tácita, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, nos prazos sinalados no artigo 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, Reguladora da Xurisdición Contencioso Administrativa. Non obstante, poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren oportuno. Advertir aos interesados que a efectos do cómputo dos prazos procesais, segundo o establecido na Disposición Adicional Segunda do Real Decreto 463/2020, do 14
de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, no seu apartado 1º, suspéndense os termos e interrómpense os prazos previstos nas leis procesuais para todas as ordes xurisdicionais. O cómputo dos prazos renovarase no momento en que perda vixencia o real decreto ou, no seu caso, as prórrogas do mesmo.Transcorrido o período de pago en voluntaria as débedas co municipio serán esixidas polo procedemento de constrinximento co correspondente recargo de mora e costas que se produzan.
A falta de pagamento do Canon de Auga da Xunta no período voluntario sinalado suporá a esixencia do mesmo directamente ao contribuínte pola vía de constrinximento pola Consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia. A repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de reclamación economico-administrativa ante o órgano económico-administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia no prazo dun mes dende esta notificación.
O presente anuncio ten carácter de notificación colectiva ao abeiro do establecido nos artigos 102 apartado 3 da Lei 58/ 2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria e 23 e 24 do R.D. 939/2005, de 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Recadación.
Burela, 11 de maio de 2020.- O ALCALDE, ALFREDO LLANO GARCIA.
R. 0861

Anuncio Aprobado por acordo da Xunta de Goberno Local, na sesión celebrada o 22 de abril de 2020, o Padrón por liquidación das taxas do servizo de abastecemento domiciliario de augas, sumidoiros e recollida de lixo, así como o canón de auga da Xunta de Galicia, correspondente ao Sexto Bimestre do exercicio 2019, procédese a apertura do período de información pública por prazo de vinte días hábiles a partir da publicación do presente edicto no B.O.P. durante o cal todos os interesados poderán consultar o seu contido nas oficinas do Concello e presentar as alegacións que estimen oportunas. Queda aberto o prazo de cobro en período voluntario por peiodo de dous meses a computar dende o día seguinte á presente publicación no BOP de Lugo.

Anuncio publicado en: Num BOP 113 año 2020 19/05/2020
15/05/2020 08:00:00
19:08:15

Aprobado por acordo da Xunta de Goberno Local, na sesión celebrada o 22 de abril de 2020, o Padrón por liquidación das taxas do servizo de abastecemento domiciliario de augas, sumidoiros e recollida de lixo, así como o canón de auga da Xunta de Galicia, correspondente ao Sexto Bimestre do exercicio 2019, procédese a apertura do período de información pública por prazo de vinte días hábiles a partir da publicación do presente edicto no B.O.P. durante o cal todos os interesados poderán consultar o seu contido nas oficinas do Concello e presentar as alegacións que estimen oportunas. Queda aberto o prazo de cobro en período voluntario por peiodo de dous meses a computar dende o día seguinte á presente publicación no BOP de Lugo.

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 19/05/2020

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data19/05/2020

Conteggio pagine4

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni