Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 18/03/2020

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 064 mércores, 18 de marzo de 2020

BOP Lugo
valoración da dependencia e na realización dos demais trámites administrativos que precise, ademais das comunicación obrigadas pola normativa de aplicación ao Ministerio Fiscal e Xulgados.
coma o lavado, como mínimo semanalmente, da roupa da cama, lencería e toallas, e en todo caso, cando as circunstancias así o requiran, así mesmo prestará o servizo de marcaxe de roupa no caso de consideración como servizo complementario susceptible de pagamento adicional, no réxime de tarifas do centro.
O centro poderá dispor de servizos complementarios susceptibles de pagamento adicional á cota de pagamento ordinaria.
ARTIGO 6. MODALIDADE DA ESTADÍA
O acceso ás prazas poderase realizar na modalidade de Estadía permanente, o Centro pasa a ser a residencia habitual da persoa.
Para os efectos desta disposición, quen acceda mediante praza do Concello de Baleira, considerarase dende o seu ingreso, de modo automático, persoa usuaria do Centro residencial.
ARTIGO 7. PERSOAS DESTINATARIAS
Ordinariamente serán aquelas persoas maiores de 65.
ARTIGO 8. REQUISITOS DA PERSOA DESTINATARIA PARA O ACCESO AO SERVIZO
Son requisitos para ter acceso ao servizo, sendo motivo de denegación o seu incumprimento:
1.- Ter nacionalidade española.

2.- Estar empadroada e ter residencia efectiva no Concello de Baleira cunha antigidade de doce 12 meses ininterrompidos inmediatamente anteriores á data de solicitude.
Durante o primeiro ano natural dende a apertura do centro terán acceso aquelas persoas, que por circunstancias sobrevidas e non previstas, ou inevitables, tendo iniciado a solicitude de valoración de dependencia no Concello de Baleira, tivesen que facer uso dun equipamento especializado de atención residencial privado, co consecuente traslado de empadroamento, sempre e cando teñan solicitado praza pública residencial polo Sistema de promoción da autonomía persoal e atención a dependencia SAAD en adiante.
3.- Ordinariamente, ter cumprido os 65 anos de idade no momento de realizaren a solicitude.
4.- Presentaren a documentación completa, xunto coa solicitude, no Rexistro do Concello acreditando a situación de necesidade do servizo.
5.- Que o recurso sexa valorado como idóneo polos Servizos sociais comunitarios, mediante informe social da unidade de traballo social municipal e ditame-proposta da Alcaldía.
6.- Non ter dereito efectivo a recibir un servizo similar de ningunha outra entidade ou organismo público ou privado SAAD, MUFACE, ISFAS, ONCE, etc..
7.- Non presentar un estado de deterioro físico nin psíquico tal que precise doutro tipo de atención especializada asistida ou de internamento nun centro hospitalario.
8.- Non presentar trastornos mentais ou condutivas graves e non compensados que poidan alterar a normal convivencia no Centro.
9.- Non estar sancionada coa revogación de adxudicación de praza pública de atención residencial, conforme a Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, e ao Regulamento de réxime interno do Centro.
10.- Ter solicitado o recoñecemento da situación de dependencia.
ARTIGO 9. A PERSOA ACOMPAÑANTE
1. De xeito excepcional e co obxecto de manter a unidade familiar, poderá recoñecerse o dereito de admisión na praza, como acompañante do/a solicitante principal a quen, non reunindo todos os requisitos establecidos, se atope nalgunha das seguintes situacións:
a. Ser cónxuxe ou persoa en relación análoga de afectividade.
b. Ser parente de consanguinidade até o segundo 2º grao.
c. Acreditar a convivencia polo menos dous anos 2 co/a solicitante principal, con anterioridade á data de presentación da solicitude principal.

Anuncio publicado en: Num BOP 64 año 2020 18/03/2020
17/03/2020 08:00:00
10:59:36

As persoas que carezan de nacionalidade española rexeranse polo establecido na Lei orgánica 4/2000 do 11 de xaneiro, e nos Tratados internacionais e nos convenios que se estipulen co pais de orixe.

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 18/03/2020

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data18/03/2020

Conteggio pagine44

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni