Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 12/03/2020

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

XOVES, 12 DE MARZO DE 2020

N.º 059

CONCELLOS
BURELA
Anuncio Por Decreto da Alcaldía nº 2020-0101 de data 26/02/2020 apróbase a convocatoria e as bases reguladoras do proceso que se levará a cabo para a contratación con carácter temporal dun/dunha Técnico/a de Turismo
corrección erro por Decreto de Alcaldía nº 2020-0105 de data 27/02/2020 :
BASES PARA A CONTRATACIÓN COMO PERSOAL LABORAL NON PERMANENTE DE 1 TÉCNICO/A DE
TURISMO AO ABEIRO DO PROGRAMA "FOMENTO DO EMPREGO 2019" INTEGRADO NO PLAN PROVINCIAL
ÚNICO DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS 2019.1.- OBXECTO DA CONVOCATORIA

Nº de prazas
Ocupación
Grupo
1

TÉCNICO DE TURISMO

C1

Funcións do posto:
-Coordinación e dirección das actividades municipais de turismo - Promoción turística municipal - Actualización e control da páxinas web/redes sociais no seu ámbito - Calquera outra relacionada co posto que lle encomende o seu superior xerárquico Todo isto conforme o disposto no Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido la Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, na Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, na Lei 2/2015 de emprego público de Galicia, e demais normas concordantes de aplicación.
As bases íntegras publicaranse no BOP de Lugo, na sede electrónica https burela.sedelectronica.es e no taboleiro de anuncios do Concello e estarán a disposición dos /das interesados no Rexistro Xeral do Concello;
igualmente remitiranse á Deputación Provincial para a súa publicación na páxina web institucional.
Toda a documentación que se publique con posterioridade a convocatoria será obxecto de publicidade mediante o correspondente anuncio no taboleiro de edictos sito na casa consistorial e no taboleiro de anuncios dixital, exclusivamente. O acceso ao taboleiro de anuncios dixital realizase a través da sede electrónica do Concello de Burela http burela.sedelectronica.es.
2.- DURACIÓN E TIPO DE CONTRATO
A natureza do contrato será laboral temporal na modalidade de contrato de duración determinada por obra ou servizo a tempo completo e a súa duración será de 6 meses a contar dende a súa sinatura.
Os/as aspirantes seleccionados/as e contratados/as percibirán as retribucións establecidas no Convenio colectivo aplicable ao persoal laboral do Concello de Burela co seguinte desglose bruto mensual: salario grupo C1 781,39 €; complemento de destino nivel 18 428,46 €; complemento específico: 68,71 €; prorrata de paga extra: 186,90 €.
3.- REQUISITOS DE ADMISIÓN DE ASPIRANTES.
Para ser admitidos/as á realización destas probas selectivas, os/as aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos:

Anuncio publicado en: Num BOP 59 año 2020 12/03/2020
11/03/2020 08:00:00
13:50:41

Constitúe o obxecto das presentes bases a regulación do procedemento de selección que se levará a cabo para a contratación de persoal ao abeiro do "Programa Fomento de Emprego 2019" incluído no Plan Provincial Único de cooperación cos Concellos 2019:

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 12/03/2020

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data12/03/2020

Conteggio pagine15

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni