Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 28/03/2020

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

SABADO, 28 DE MARZO DE 2020

N.º 072

CONCELLOS
LÁNCARA
Anuncio Información pública O Pleno do Concello en sesión extraordinaria realizada o día 11 de marzo de 2020 aprobou inicialmente a modificación de créditos nº 3/2020, de concesión de créditos extraordinarios e de suplementos de crédito, financiados con cargo ó remanente líquido de tesourería consonte ó disposto no Texto refundido da lei reguladora das facendas locais por importe de 73.700,00 euros.
O expediente expoñense ao público, mediante anuncio no Boletín Oficial da Provincia, por quince días, durante os cales os interesados poderán examinalos e presentar reclamacións artigo 170 do TRLFL. O expediente considerarase definitivamente aprobado si durante o citado prazo non se presentan reclamacións.
Láncara, 13 de marzo de 2020.- O alcalde, Darío A. Piñeiro López.

XERMADE
Anuncio CREACIÓN DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL E DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS PLENARIAS.
Consonte ao artigo 38 do RD 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, o Pleno do Concello de Xermade, na sesión extraordinaria celebrada o 15 de xullo de 2019, adoptou o seguinte acordo:
PRIMEIRO.- Crear a Xunta de Goberno local no Concello de Xermade, cos membros e periodicidade que se designen na correspondente Resolución da Alcaldía, da que se dará conta no seguinte Pleno.
SEGUNDO.- Delegar na Xunta de Goberno Local as seguintes competencias plenarias:
1º. O exercicio das acción xudiciais e administrativas e a defensa da Corporación en materias de competencia do Pleno, do artigo 22.2.j da Lei 7/1985 de 2 de abril.
2º. A declaración de lesividade dos actos do concello, do artigo 22.2.k da Lei 7/1985 de 2 de abril.
3º. A aprobación de proxectos de obras e servizos, nos termos do artigo 22.2. ñ da Lei 7/1985 de 2 de abril.
4º. Da Disposición adicional segunda, apartado 2 da LCSP: as competencias como órgano de contratación respecto dos contratos de obras, de subministración, de servizos, de concesión de obras, de concesión de servizos e os contratos administrativos especiais, cando o seu valor estimado supere o 10 por cento dos recursos ordinarios do orzamento, e en calquera caso superen os seis millóns de euros. As competencias na adxudicación de concesións sobre os bens do concello e a adquisición de bens inmobles e dereitos suxeitos á lexislación patrimonial cando o seu valor supere o 10 por cento dos recursos ordinarios do orzamento e en todo caso o importe de tres millóns de euros, así como a enaxenación do patrimonio, cando o seu valor supere a contía e a porcentaxe indicados. A
competencia para a aprobación dos pregos de cláusulas administrativas xerais aos que se refire o artigo 121 da LCSP.
Deixar sen efecto tódalas delegacións que se tivesen realizado prol da Xunta de Goberno Local por parte do Pleno con anterioridade ao presente acordo.
TERCEIRO.- Este acordo surtirá efectos dende o día seguinte ao da súa adopción, sen prexuízo da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Anuncio publicado en: Num BOP 72 año 2020 28/03/2020
26/03/2020 08:00:00
09:54:23

R. 0670

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 28/03/2020

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data28/03/2020

Conteggio pagine3

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni