Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 29/02/2020

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 049 sábado, 29 de febreiro de 2020

BOP Lugo
FORMA DE PAGAMENTO
1. O pago das débedas tributarias realizarase en período voluntario nos prazos que figuran no presente anuncio e nas Entidades colaboradoras na recadación deste Concello, nas horas de atención ao público Caixa Rural Galega, Banco Pastor e Abanca. Transcorridos ditos prazos iniciarase o período executivo de cobro, que determinará o de devengo dos recargos de constrinximento e os intereses de demora que procedan.
2. Os contribuíntes que non teñan domiciliado o pagamento, recibirán no seu domicilio, dentro do período de cobro en voluntaria, modelo de liquidación por duplicado exemplar para o seu pagamento en calquera das entidades financeiras citadas, debendo recabar en caso de extravío, duplicado nos servizos económicos do Concello antes do remate do referido período. Un dos exemplares debidamente selado pola Entidade financeira constituirá carta de pago en poder do contribuínte acreditativo da extinción da débeda tributaria.
3. Se así o desexa no momento de efectuar o pago, poderá solicitar da Entidade financeira a domiciliación do tributo, sen ningún acto de trámite adicional, quedando a partir dese momento incorporado na base de datos dos padróns sucesivos.
Cospeito, 20 de febreiro de 2020.- O alcalde, Armando Castosa Alvariño.
R. 0459

MURAS
Anuncio BASES DE SELECCIÓN PARA CONTRATACIÓN DUN/HA AUXILIAR ADMINISTRATIVO COMO FUNCIONARIO
INTERINO POR PROGRAMA POR UN PERIODO DE TRES ANOS

É obxecto da presente convocatoria, a contratación mediante concurso-oposición, de un/ha auxiliar administrativo como funcionario interino por programa por un período de tres anos, Escala Administración Xeral subescala auxiliar auxiliar administrativo grupo C2.
SEGUNDA.- Características da praza a Denominación da praza: Auxiliar administrativo b Grupo de titulación: GRUPO C Subgrupo C2
c OUTRAS CARACTERISTICAS
- Escala: Administración Xeral - Subescala: auxiliar - Nivel C.D.: 16
- Nivel C.E.: 4.530,80€
TERCEIRA.- Sistema selectivo O sistema de selección será o de concurso-oposición, quenda libre.
CUARTO.- Requisito dos aspirantes Para formar parte nas probas de selección, será necesario reunir os requisitos establecidos no artigo 56 do texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, aprobado por Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30
de outubro:
- Ter nacionalidade española - Posuir capacidade funcional - Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
- Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos organismos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autonomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao Corpo ou escala de funcionarios, ou para exercer función similares ás que desempeñaban no caso do persoal laboral, no que tivese sido separado ou inhabilitado.
- Titulación: Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou equivalente ou superior no momento de finalizar o prazo de presentación de instancias.

Anuncio publicado en: Num BOP 49 año 2020 29/02/2020
28/02/2020 08:00:00
10:45:53

PRIMEIRA.- Obxecto da convocatoria

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 29/02/2020

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data29/02/2020

Conteggio pagine19

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni