Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 13/02/2020

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

XOVES, 13 DE FEBREIRO DE 2020

N.º 036

CONCELLOS
O CORGO
Anuncio Faise pública a seguinte resolución da Alcaldía:
DECRETO /20. O CORGO, 03 DE FEBREIRO DE 2020
María Mercedes Maseda Martínez, con DNI 33310159H, superou as probas convocadas para cubrir, mediante oposición libre, unha praza de Arquitecto Técnico a media xornada da Escala de Administración Especial e aportou a documentación esixida para na base décima da convocatoria.
O artigo 62 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outono, polo que se aproba o Texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público TREBEB establece os requisitos que se deben cumprir para adquirir a condición de funcionario de carreira, e que son Os seguintes:

b Nomeamento polo órgano ou autoridade competente, que será publicado no Diario Oficial correspondente.
c Acto de acatamento da Constitución e, no seu caso, do Estatuto de Autonomía correspondente e do resto do Ordenamento Xurídico.
d Toma de posesión dentro do prazo que se estableza.
De conformidade coa base undécima das mentadas bases, o Alcalde efectuará nomeamento a favor do candidato proposto como funcionario de carreira no prazo de un mes.
En consecuencia, pola presente RESOLVO:
1.-Nomear funcionaria de carreira da Escala de Administración Especial, subescala Arquitecto Técnico a María Mercedes Maseda Martínez, con DNI 33310159H, ao fin de que no prazo dun mes, a contar a partir do día seguinte ao da publicación deste nomeamento no BOP de Lugo, tome posesión no posto de traballo de Auxiliar Administrativo.
Recursos: Contra a referida resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer, potestativamente o recurso de reposición, ante o mesmo órgano que a dictou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da referida notificación ou interpoñer directamente, o recurso Contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso Administrativo de Lugo, sito en C/ Armando Durán , 27002- Lugo, durante o prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da referida notificación, sin poder simultanear ámbolos dous, conforme se dispón nos arts. 116 e 117 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réximen Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, según a modificación introducida pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro, advertíndolle que tamén poderá utilizar calquer outro recurso que estime pertinente e/ou exerce-las accións que procedan ante a xurisdicción competente.
O Corgo, 3 de febreiro de 2020.- O ALCALDE, Felipe Labrada Reija.
R. 0295

FOZ
Anuncio Por Decreto de Alcaldía de data 5 de febreiro de 2020, aprobáronse os Padróns da taxa pola prestación do servizo de escolas deportivas dos meses de outubro, novembro e decembro de 2019, así como a apertura dun período de información pública por prazo de vinte días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación deste edicto no B.O.P. para consultar o seu contido e presentar as alegacións que estimen oportunas, rematado este prazo sen presentarse reclamacións, entenderanse definitivamente aprobados.

Anuncio publicado en: Num BOP 36 año 2020 13/02/2020
12/02/2020 08:00:00
11:56:04

a Superación do proceso selectivo.

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 13/02/2020

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data13/02/2020

Conteggio pagine37

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni