Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 12/02/2020

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

MÉRCORES, 12 DE FEBREIRO DE 2020

N.º 035

XUNTA DE GALICIA
CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE. AUGAS DE GALICIA. SERVIZO
TERRITORIAL DE LUGO
Anuncio INFORMACIÓN PÚBLICA
Ramón Guimarey Gómez solicita de Augas de Galicia a autorización de obras en zona de policía. O presente anuncio ten por obxecto abrir a regulamentaria información pública que prescribe o art. 52 do Regulamento do dominio público hidráulico. Expediente: DH.W27.67073.

O que se fai público para xeral coñecemento, por un prazo de vinte 20 días a partir do seguinte á data de publicación no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que os que se sintan prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, no Concello de Viveiro ou nas oficinas deste servizo, situadas na Ronda da Muralla, 70, 2º, onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe.
Lugo, 6 de febrero de 2020.- A xefa do servizo territorial, Rocío Carreira Carral.
R. 0281

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
SERVIZO DE CONTRATACIÓN E FOMENTO. UNIDADE DE OBRAS E PLANS
Anuncio INFORMACIÓN PÚBLICA
Polo órgano competente desta Deputación foi tomado en consideración o proxecto da obra:
.- CASTRO DE REI.- PAVIMENTACIÓN DO ENTORNO DA GRANXA EXPERIMENTAL. GRANXA GAYOSO CASTRO
EX001OB20AB GTM: EXPTE 2019/XEC_01/000054.
En cumprimento do que se dispón no art. 93 do T.R.R.L aprobado por R.D.L. 781/86, ábrese un período de información pública para os efectos de alegacións, reclamacións ou suxestións por parte de persoas ou entidades lexitimadas, por espazo de 15 días hábiles contados a partir do seguinte á publicación deste edicto.
O PRESIDENTE, JOSÉ TOMÉ ROCA, por decreto de data 26-07-2019. O DEPUTADO DELEGADO DE PROMOCIÓN
ECONOMICA E SOCIAL, Pablo Rivera Capón, A SECRETARIA XERAL, María Esther Alvarez Martínez.
R. 0282

Anuncio publicado en: Num BOP 35 año 2020 12/02/2020
11/02/2020 08:00:00
13:06:56

As obras solicitadas consisten no peche con rede e estacas metálicas, rehabilitación de cabanas, instalación de paneis solares e construción de piscina na finca de referencia catastral 27067A02600393; na zona de policía do regato de Peruxo, a unha distancia mínima duns 11 metros; no lugar de Vilar, na parroquia de Covas, no concello de Viveiro Lugo.

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 12/02/2020

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data12/02/2020

Conteggio pagine16

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni