Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 20/02/2020

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 042 xoves, 20 de febreiro de 2020

BOP Lugo
Toda a documentación que se publique con posterioridade a convocatoria será obxecto de publicidade mediante o correspondente anuncio no taboleiro de edictos sito na casa consistorial e no taboleiro de anuncios dixital, exclusivamente. O acceso ao taboleiro de anuncios dixital realizase a través da sede electrónica do Concello de Burela http burela.sedelectronica.es.
2.- REQUISITOS DE ADMISIÓN DE ASPIRANTES.
Para ser admitidos/as á realización destas probas selectivas, os/as aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos:
aTer nacionalidade española ou ter nacionalidade doutro Estado co alcance que se sinala no artigo 57 do RD Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público.
b Acreditar a capacidade funcional para o desempeño das funcións propias do posto. En consecuencia non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desenvolvemento das funcións do cargo.
c Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
d Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións: Grao en educación social ou equivalente; Grao en traballo social ou equivalente; Grao en pedagoxía ou equivalente; Grao en psicoloxía ou equivalente; licenciatura ou Master en psicopedagoxía ou equivalente.
No caso de alegar equivalencias de títulos, sinalarase a disposición legal que recoñeza a equivalencia ou acompañarase certificado expedido polo organismo competente que a acredite.

e Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso do persoal laboral, no que houbese estado separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.
f Non atoparse incurso/a en ningunha das causas de incapacidade que determine a lexislación vixente g Carecer de antecedentes no Rexistro Central de delincuentes sexuais.
Os requisitos citados deberán reunirse con referencia ó derradeiro día do prazo de presentación de instancias, debendo continuar en posesión dos mesmos durante todo o proceso selectivo.
Se en calquera momento do proceso selectivo chegara a coñecemento do tribunal que algún dos/das aspirantes non posúe a totalidade dos requisitos esixidos na respectiva convocatoria, logo da audiencia do/da interesado/a, o tribunal deberá propor ao alcalde a súa exclusión indicando as inexactitudes ou falsidades observadas para os efectos procedentes.
3. - PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES.
3.1. Forma de presentación. Os/as interesados/as que desexen participar no proceso selectivo dirixirán as súas solicitudes ao Sr. Alcalde do Concello de Burela e presentaranas no Rexistro Xeral da citada entidade en horario presencial de 9,00 a 14,00 horas ou mediante rexistro telemático as 24 horas. Así mesmo poderán remitirse na forma establecida no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro , do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas coa excepción establecida na súa disposición final sétima. Non obstante, de cara a axilización do proceso, os/as aspirantes que presentasen a instancia en calquera das formas previstas no artigo 16.4
da Lei 39/2015 deberán poñelo en coñecemento da entidade mediante fax 982585945 ou mediante correo electrónico controldexestion@burela.org antes de rematar o prazo de presentación de solicitudes, remitindo o impreso de instancia debidamente cumprimentado e co selo de entrada no rexistro correspondente.
O impreso de instancia axustarase ao modelo oficial que se facilitará no Rexistro xeral do Concello, publicándose así mesmo na sede electrónica http burela.sedelectronica.es.
As solicitudes que se presenten a través da oficina de correos, deberán entregarse en sobre aberto para ser seladas e datadas polo empregado do Servizo de Correos.
Os aspirantes indicarán, no apartado sinalado na solicitude, si están afectados por unha minusvalía nun grado igual ou superior ao 33 por 100, e si precisan dalgunha adaptación ou previsión específica para o desenvolvemento das actuacións previstas no procedemento.
3.2. Prazo de presentación. O prazo de presentación será de 10 días naturais contados dende o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo BOP. Si o último día do prazo é inhábil, trasladarase ó primeiro día hábil seguinte.
3.3. Cumprimentación. A solicitude de participación no proceso selectivo deberá ser cumprimentada debidamente polos aspirantes e nela relacionarán, nos apartados correspondentes, os méritos que aleguen.

Anuncio publicado en: Num BOP 42 año 2020 20/02/2020
19/02/2020 08:00:00
14:12:40

No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberán posuír o documento que acredite fidedignamente a súa homologación.

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 20/02/2020

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data20/02/2020

Conteggio pagine33

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni