Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 10/12/2019

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 282 martes, 10 de decembro de 2019

BOP Lugo
CONCELLOS
BARALLA
Anuncio Por Decreto da Alcaldía número 238 de 4 de decembro de 2019, prestouse aprobación inicial aos seguintes padróns, correspondentes ao terceiro trimestre do ano 2019:
- Padrón da taxa polo abastecemento de auga a domicilio, no que se inclúe o canon da auga 3º trimestre do ano 2019.
- Padrón da taxa por recollida de lixo.
- Padrón de augas residuais e sumidoiros.
Expónse ao público polo pazo de 15 días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación deste edicto no BOP de Lugo.
Recurso: Contra o Decreto da aprobación dos padróns de: abastecemento de auga a domicilio, recollida de lixo e augas residuais e sumidoiros, poderá interporse recurso de reposición.
Prazo de presentación do recurso: Un mes contado dende o día seguinte ao da finalización do período de exposición ao público dos padróns.
Órgano ante o que se recorre: Alcalde-Presidente do Concello de Baralla.

A falta de pagamento do Canon da Auga, no período voluntario sinalado suporá a esixencia do mesmo directamente ao contribuínte pola vía de constrinximento pola consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia. A repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económico-administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia no prazo de un mes dende esta notificación.
Baralla, 4 de decembro de 2019.- O alcalde, Miguel González Piñeiro.
R. 3701

BEGONTE
Anuncio Aprobado inicialmente polo Pleno do Concello, na sesión extraordinaria de data 4 de decembro de 2019, o Orzamento municipal para o exercicio económico de 2020, as bases de execución e o cadro de persoal ; en cumprimento do disposto no artigo 169.1 do Real Decreto 2/2004, de 5 de marzo - polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais - e disposicións concordantes, exponse ó público na secretaría deste Concello, polo prazo de quince días hábiles - que empezarán a contarse dende o seguinte ó da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia - a fin de que durante o mesmo, os interesados, poidan formular as reclamacións que se consideren pertinentes, as que se dirixirán ao Sr. AlcaldePresidente desta Corporación.
No suposto de non presentarse reclamacións o acordo inicial entenderase elevado a definitivo.
Begonte, 4 de decembro de 2019.- O Alcalde, José Ulla Rocha.
R. 3702

CASTROVERDE
Anuncio Aprobado definitivamente o orzamento para o exercicio económico de 2020, por acordo adoptado polo Pleno deste Concello na sesión que tivo lugar o día 5 de novembro de 2019, ao non terse presentado reclamacións ao mesmo, de conformidade co artigo 169 do Texto Refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, publícase o resumo do mesmo por capítulos:

Anuncio publicado en: Num BOP 282 año 2019 10/12/2019
09/12/2019 08:00:00
14:38:44

Contra a Resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, que no seu caso se formule, poderá interporse recurso contencioso-administrativo na forma e nos prazos que a tal efecto se establezan na Lei Reguladora da referida xurisdicción.

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 10/12/2019

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data10/12/2019

Conteggio pagine62

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni

<<<Diciembre 2019>>>
DLMMJVS
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031