Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 18/12/2019

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

MÉRCORES, 18 DE DECEMBRO DE 2019

N.º 289

XUNTA DE GALICIA
CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE. AUGAS DE GALICIA. SERVIZO
TERRITORIAL DE LUGO
Anuncio INFORMACIÓN PÚBLICA
Hermelino Javier Sixto Lorenzo, solicita de Augas de Galicia a legalización de obras en zona de servidume. O
presente anuncio ten por obxecto abrir a regulamentaria información pública que prescribe o art. 52 do Regulamento do dominio público hidráulico. Expediente: DH.W27.68672

O que se fai público para xeral coñecemento, por un prazo de vinte 20 días a partir do seguinte á data de publicación no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que os que se sintan prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, no Concello de Alfoz ou nas oficinas deste servizo, situadas na Ronda da Muralla, 70, 2º, onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe.
Lugo, 11 de decembro de 2019.- A xefa do servizo territorial, Rocío Carreira Carral.
R. 3780

CONCELLOS
BURELA
Anuncio Por Decreto da Alcaldía nº 2019-0892 de data 22/11/2019apróbase a convocatoria e as bases reguladoras do proceso que se levará a cabo para a selección de dous/dúas auxiliares administrativos/as ao abeiro do "Programa Fomento de Emprego 2019" incluído no Plan Provincial Único de cooperación cos Concellos 2019:
BASES DA CONVOCATORIA PARA A SELECCIÓN DE 2 AUXILIARES ADMINISTRATIVOS/AS MEDIANTE A
MODALIDADE DE FUNCIONARIO INTERINO ART. 10.1.c/ EBEP AO ABEIRO DO PROGRAMA "FOMENTO DO
EMPREGO 2019", INTEGRADO NO PLAN PROVINCIAL ÚNICO DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS 2019.1.- OBXECTO DA CONVOCATORIA
Constitúe o obxecto das presentes bases a regulación do procedemento de selección que se levará a cabo para a selección de dous/dúas auxiliares administrativos/as ao abeiro do "Programa Fomento de Emprego 2019" incluído no Plan Provincial Único de cooperación cos Concellos 2019.
Características dos postos:
-Grupo/Subgrupo profesional: C/C2; Escala: Administración Xeral; Subescala: Auxiliar.
-Réxime Xurídico: Funcionarial Funcionario interino do artigo 10.1.c/ "execución de programas de carácter temporal" do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público.
-Duración do nomeamento: 7 meses e co límite temporal do 30/09/2020.
-Xornada: A tempo completo 100%

Anuncio publicado en: Num BOP 289 año 2019 18/12/2019
17/12/2019 08:00:00
12:50:41

As obras a legalizar consisten no acondicionamento do terreo na parcela 180 do polígono 1 do Acordo da Concentración Parcelaria, na zona de servidume dun rego innominado, no lugar de Vilaúde, na parroquia de San Pedro de Mor, no concello de Alfoz Lugo.

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 18/12/2019

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data18/12/2019

Conteggio pagine14

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni

<<<Diciembre 2019>>>
DLMMJVS
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031