Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 17/12/2019

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

MARTES, 17 DE DECEMBRO DE 2019

N.º 288

XUNTA DE GALICIA
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA.
DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO
Anuncio Resolución do 26 de novembro de 2019 da Xefatura Territorial de Lugo pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Monforte de Lemos.
expediente IN407A 2019-36AT
Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:
- Solicitante: Unión Fenosa distribución S.A.
- Domicilio Social: A Batundeira, 2. Velle. Ourense
- Situación: concello de Monforte de Lemos - Características técnicas:

Retensado da LMT aérea existente a 20kV con orixe nun apoio existente codigo BQULKXA7/51-40-A-58 e final nun apoio proxectado tipo FL-C-1000-14 codigo 51-40-A-58-N-CT, no cal se instalan as autoválvulas un seccionador XS e realizase un paso aéreo a soterrado, cunha lonxitude de 43 metros en condutor LA-30.

LMT soterrada a 20kV, con orixe no apoio proxectado tipo FL-C-1000-14 código 51-40-A-58-N-CT e final no CT Figueira 27C347, cunha lonxitude de 20 metros en condutor tipo RHZ1-95

Desmontaxe das cadeas de amarre, autoválvulas, seccionador SXS e fusibles.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, BOE núm. 310 do sector eléctrico e no título VII, capítulo II do Real Decreto 1955/2000, do 1 de decembro BOE nº 310, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, no Real Decreto 337/2014, de 9 de maio, polo que se aproba o regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias e na Resolución de 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción D.O.G. núm. 54 de 19
de marzo, así como na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, esta xefatura territorial, de acordo cas competencias que resultan dos Decretos 135/2017 do 28 de decembro, polo que se crea e establece a estrutura orgánica da consellería, y tendo en conta o Decreto 9/2017, de 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:
Conceder a autorización administrativa previa e de construción a ditas instalacións, cuxas características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no seu proxecto e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte o da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.

Anuncio publicado en: Num BOP 288 año 2019 17/12/2019
16/12/2019 08:00:00
11:02:56

- Denominación: CT, LMT FIGUEIRA - VILLAMAYOR MONFORTE DE LEMOS

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 17/12/2019

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data17/12/2019

Conteggio pagine4

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni

<<<Diciembre 2019>>>
DLMMJVS
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031