Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 14/08/2019

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

MÉRCORES, 14 DE AGOSTO DE 2019

N.º 186

CONCELLOS
CASTROVERDE
Anuncio Por Resolución de Alcaldía do 17 de Xullo de 2019 prestouse aprobación ao Padrón do prezo público pola prestación do servizo de axuda no fogar correspondente ao mes de xuño de 2019, e exponse ao público polo prazo de quince días contados a partir do seguinte da súa publicación ao obxecto de que poida ser examinado e presentar contra o mesmo as reclamacións que se estimen pertinentes. Así mesmo faise saber que dita publicación servirá de notificación colectiva a todos os contribuíntes nel comprendidos ao amparo da Lei Xeral Tributaria.
Castroverde, a 9 de agosto de 2019.- O Alcalde, Xosé María Arias Fernández.
R. 2469

Anuncio O Pleno deste Concello en sesión extraordinaria celebrada o día cinco de xullo de dous mil dezanove adoptou, entre outros, os seguintes acordos relativos as proposicións da alcaldía, sobre:
SESIÓNS ORDINARIAS DO PLENO.
PRIMEIRO.- Fixar a periodicidade das sesión ordinarias do pleno do seguinte xeito:
Trimestral: O último venres hábil do trimestre natural correspondente ás 13:00 horas meses de marzo xuño
setembro decembro.
Por razóns xustificadas ou por coincidencia con actos ós que deban asistir os corporativos, poderá ser trasladada a distinta data dentro do mesmo mes, previo acordo dos voceiros municipais.
CONTÍA ECONÓMICA POR ASISTENCIAS AS SESIÓNS DO PLENO, XUNTA DE GOBERNO LOCAL E COMISIÓNS
INFORMATIVAS.
PRIMEIRO: Fixar as seguintes contías económicas:
-

Asistencia a Plenos: 100,00 €/sesión.

-

Asistencia a Xuntas de Goberno Local: 100,00 €/sesión.

-

Asistencia á Comisión Especial de Contas, e outras comisións : 100,00€/sesión.

CREACIÓN XUNTA DE GOBERNO LOCAL E COMPETENCIAS DELEGADAS POR O PLENO A FAVOR DA MESMA.
PRIMEIRO: A creación da Xunta de Goberno Local.
SEGUNDO: Delegar na Xunta de Goberno local as seguintes competencias plenarias:
1.- As que figuran enunciadas no artigo 22.2, letras j, k, m e ñ da Lei 7/1985 de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, que literalmente din:
j O exercicio de accións xudiciais e administrativas e a defensa da Corporación en materias competencia plenaria.
k A declaración de lesividade dos actos do Concello.
m A concertación das operacións de crédito cuia contía acumulada, dentro de cada exercicio económico, exceda do 10 por cento dos recursos ordinarios do Orzamento -salvo as de tesourería, que lle corresponderán cando o importe acumulado das operacións vivas en cada momento supere o 15 por cento dos ingresos correntes liquidados no exercicio anteriortodo elo de conformidade co disposto na Lei Reguladora das Facendas Locais.

Anuncio publicado en: Num BOP 186 año 2019 13/08/2019 12:24:57
14/08/2019 08:00:00

GUNTÍN

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 14/08/2019

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data14/08/2019

Conteggio pagine21

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni