Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 14/08/2019

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

21

Núm. 186 mércores, 14 de agosto de 2019

BOP de Lugo
Artigo 5.- Obrigas dos beneficiarios.
Os/as beneficiarios/ as de premios do IX Trofeo de fútbol D. Manuel González Fernández quedarán obrigados/as ao sometemento ás actuacións de comprobación que crea convenientes o órgano interventor do Concello de Xermade.
Os custes de arbitraxe serán a cargo dos equipos participantes, así como o resto dos custes de organización do evento.
Artigo 6.- Publicidade e notificación dos premios.
A concesión dos premios publicarase na páxina web do Concello de Xermade, na sede electrónica municipal e no taboleiro de anuncios . Así mesmo, darase conta á Base de Datos Nacional de Subvencións.
Segundo o artigo 45.1. B da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, a publicación da Resolución no taboleiro de anuncios do concello substituirá á notificación fornecendo os súas mesmos efectos.
Artigo 7.- Réxime de infraccións e sancións.
En materia de infraccións e sancións administrativas, estarase ao disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro Xeral de Subvencións, e Lei 9/2007, do 13 de xaneiro, de Subvencións de Galicia.
Disposición final primeira.
A presentación de solicitude de premio, implica o coñecemento e aceptación destas Bases, da Ordenanza Xeral Reguladora de Subvencións do Concello de Xermade, e da Lei 38/2003, do 17 de novembro Xeral de Subvencións, e Lei 9/2007, do 13 de xaneiro, de Subvencións de Galicia, así como cantas normas sexan de aplicación a este tipo de subvencións, tanto de carácter directo como subsidiario.

Para o non regulado nestas bases, estarase aos disposto na Ordenanza Xeral Reguladora de Subvencións do Concello de Xermade, na Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeneral de Subvencións e o seu Regulamento, e Lei 9/2007, do 13 de xaneiro, de Subvencións de Galicia e o seu Regulamentp, na Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, na Lei 39/2015, do 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e na Lei 40/2015 , do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público.
Xermade, 05-08-2019.- O Alcalde, Roberto García Pernas.
R. 2480

Powered by TCPDF www.tcpdf.org
Anuncio publicado en: Num BOP 186 año 2019 13/08/2019 12:24:57
14/08/2019 08:00:00

Disposición final segunda.

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 14/08/2019

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data14/08/2019

Conteggio pagine21

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni