Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 14/08/2019

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 186 mércores, 14 de agosto de 2019

BOP de Lugo
Lugo, 30 de xullo de 2019.- A ALCALDESA, Lara Méndez López.
ANEXO I
2/85 DACIÓN DE CONTA DO DECRETO NÚMERO 19005684, DO 1 DE XULLO DE 2019, DO LIBRO ÚNICO DE
RESOLUCIÓNS, SOBRE ORGANIZACIÓN MUNICIPAL DA CORPORACIÓN 2019-2023: XUNTA DE GOBERNO, TENENCIAS DE ALCALDÍA, ÁREAS DE GOBERNO, CONCELLERÍAS DELEGADAS.- Examinado o expediente tramitado para estes efectos, e vista a proposta da Vicesecretaria, conformada pola Excma. Sra. Alcaldesa, ao Excmo. Concello Pleno DÁSELLE CONTA do Decreto número 19005684 do Libro Único de Resolucións, asinado con data do 1 de xullo de 2019, que, modificado polo número 19005695, quedou redactado co seguinte teor:
DECRETO NÚMERO 19005684 DO 01/07/2019
Excma. Sra. Alcaldesa Presidenta D. Lara Méndez López do Excmo. Concello de Lugo.
Vista a necesidade de organización do Concello para optimizar o seu funcionamento, con motivo da toma de posesión da nova Corporación municipal xurdida das eleccións locais celebradas o 26 de maio de 2019; esta Alcaldía, de conformidade co establecido nos artigos 124 e 126 do texto vixente da Lei 7/1985, reguladora das bases de réxime local LRBRL e concordantes do Regulamento orgánico municipal do goberno e administración do Concello de Lugo ROMGA, RESOLVE:
PRIMEIRO.- Deixar sen efecto o Decreto número 16008543, do 9 de novembro de 2016, e o Decreto número 18003431, do 26 de abril de 2018, que contiñan as disposicións vixentes ata esta data en materia de organización municipal.
SEGUNDO.- Nomear, de conformidade co establecido nos artigos 126 e concordantes do texto vixente da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e 12 e concordantes do ROMGA, baixo a presidencia da Excma. Sra. Alcaldesa, dona Lara Méndez López, membros da XUNTA DE GOBERNO LOCAL os seguintes:
- Sr. D. Álvaro Santos Ramos
- Sr. D. Miguel Fernández Méndez - Sra. D. Ana María González Abelleira - Sr. D. Rubén Arroxo Fernández - Sra. D. Tareixa Antía Ferreiro Tallón - Sra. D. María Cristina López Fernández.
TERCEIRO.- Designar Concelleiro Secretario da Xunta de Goberno Local a don Miguel Fernández Méndez e primeiro e segundo suplentes deste aos concelleiros don Rubén Arroxo Fernández e don Álvaro Santos Ramos, respectivamente.
Ás súas sesións -cando sexan convocadas/os ou a súa presenza sexa requirida pola Presidencia deste órgano municipalasistirán a persoa titular do órgano de apoio á Xunta de Goberno e ao seu Concelleiro Secretario e o Interventor Xeral Municipal ou funcionarias/os ás/aos que se lles encomenden estes cometidos.
CUARTO.- A Xunta de Goberno Local celebrará sesión ordinaria todos os mércores ás dez horas, en primeira convocatoria, e unha hora despois en segunda convocatoria.
Se o día fixado para a celebración da sesión ordinaria fose festivo ou inhábil, celebrarase sesión o seguinte día hábil.
QUINTO.- Nomear, de conformidade co establecido no artigo 124.e do vixente texto da LRBRL e 28 do ROMGA, tenentas e tenentes de Alcaldesa as seguintes concelleiras e concelleiros, quedando establecida a seguinte orde para as TENENTAS E TENENTES DE ALCALDESA:
1º Tenente de Alcaldesa: Ilmo. Sr. D. Rubén Arroxo Fernández 2º Tenente de Alcaldesa: Ilmo. Sr. D. Álvaro Santos Ramos 3 Tenenta de Alcaldesa: Ilma. Sra. D. Mercedes Paula Alvarellos Fondo 4 Tenenta de Alcaldesa: Ilma. Sra. D. Tareixa Antía Ferreiro Tallón 5º Tenente de Alcaldesa: Ilmo. Sr. D. Miguel Fernández Méndez 6 Tenenta de Alcaldesa: Ilma. Sra. D. Ana María González Abelleira 7 Tenenta de Alcaldesa: Ilma. Sra. D. María Cristina López Fernández.
As tenentas e os tenentes de Alcaldesa substituirán á Alcaldesa ou Alcalde pola orde do seu nomeamento, nos casos de vacante, ausencia, enfermidade ou abstención legal.

Anuncio publicado en: Num BOP 186 año 2019 13/08/2019 12:24:57
14/08/2019 08:00:00

- Sra. D. Mercedes Paula Alvarellos Fondo

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 14/08/2019

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data14/08/2019

Conteggio pagine21

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni