Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 05/04/2019

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 079 venres, 5 de abril de 2019

BOP de Lugo
SEXTO.No non previsto expresamente nesta resolución aplicaranse directamente as previsións da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, en canto ás regras que para a delegación establécense en devanditas normas.
Mándao e asina o Sr. Alcalde, D. Miguel Rico Gómez, en Monterroso, a 27 de marzo de 2019, do que, como Secretaria, dou fe.
Monterroso, 27 de marzo de 2019.- O alcalde, Miguel Rico Gómez. A secretaria, María del Pilar Darriba Muñoz.
R. 0910

PARADELA
Anuncio EXPOSICIÓN AO PÚBLICO CONTA XERAL EXERCICIO 2018
Unha vez formulada e rendida a Conta Xeral do orzamento correspondente ao exercicio económico de 2018 e unha vez informada pola Comisión Especial de Contas, exponse ao público cos documentos que a xustifican na secretaría do concello polo prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da inserción do presente Edicto no BOP, co obxecto de que durante este prazo e oito días máis os interesados poidan examinala e presentar as reclamacións, reparos ou observacións que estimen pertinentes, de conformidade co disposto nos artigos 116 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 212 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora de facendas locais.
Paradela, 28 de marzo de 2019.- O Alcalde, José Manuel Mato Díaz.

Anuncio APROBACIÓN INICIAL EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS Nº 4/2019, PRIMEIRO NA MODALIDADE
DE CRÉDITO EXTRAORDINARIO.
Aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación en sesión ordinaria celebrada o 28 de marzo de 2019, o expediente de modificación de créditos nº 4/2019, primeiro na modalidade de crédito extraordinario, en cumprimento do que se dispón no artigo 169.1 por remisión do 177.2 do Real decreto 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, sométese o expediente a exposición pública polo prazo de quince días contados dende o día seguinte da inserción deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, para que os interesados poidan examinar o expediente e presentar as reclamacións que estimen oportunas.
De conformidade co acordo adoptado, a modificación de crédito considerarase definitivamente aprobada, se durante o citado prazo non se presentan reclamacións.
En Paradela, 28 de marzo de 2019.- O Alcalde-Presidente, José Manuel Mato Díaz.
R. 0912

Anuncio APROBACIÓN INICIAL EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS Nº 5/2019, PRIMEIRO NA MODALIDADE
DE SUPLEMENTO DE CRÉDITO PARA A APLICACIÓN DO SUPERÁVIT ORZAMENTARIO PARA INVESTIMENTOS
FINANCEIRAMENTE SOSTIBLES.
Aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación en sesión ordinaria celebrada o 28 de marzo de 2019, o expediente de modificación de créditos nº 5/2019, primeiro na modalidade de suplemento de crédito para a aplicación do superávit orzamentario para investimentos financeiramente sostibles, en cumprimento do que se dispón no artigo 169.1 por remisión do 177.2 do Real decreto 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, sométese o expediente a exposición pública polo prazo de quince días contados dende o día seguinte da inserción deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, para que os interesados poidan examinar o expediente e presentar as reclamacións que estimen oportunas.
De conformidade co acordo adoptado, a modificación de crédito considerarase definitivamente aprobada, se durante o citado prazo non se presentan reclamacións.

Anuncio publicado en: Num BOP 79 año 2019 04/04/2019 11:10:06
05/04/2019 08:00:00

R. 0911

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 05/04/2019

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data05/04/2019

Conteggio pagine5

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni

<<<Abril 2019>>>
DLMMJVS
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930