Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 09/04/2019

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

MARTES, 9 DE ABRIL DE 2019

N.º 082

CONSORCIO PROVINCIAL DE LUGO PARA A PRESTACIÓN DO SERVIZO CONTRA
INCENDIOS E SALVAMENTO
Anuncio Mediante Resolución da Presidencia do Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento de data 3 de abril de 2019, procedeuse á aprobación da convocatoria e das bases que rexerán o procedemento para a creación dunha bolsa de emprego temporal de bombeirocondutor para atender as necesidades temporais e interinidades no Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento.
BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DUN CONCURSO DE MÉRITOS PARA A CREACIÓN DUNHA BOLSA
DE EMPREGO TEMPORAL DE BOMBEIRO-CONDUCTOR PARA ATENDER NECESIDADES TEMPORAIS E
INTERINIDADES NO CONSORCIO PROVINCIAL DE LUGO PARA A PRESTACIÓN DO SERVIZO CONTRA
INCENDIOS E SALVAMENTO

O obxecto das presentes bases é a selección dos integrantes da bolsa de emprego temporal de bombeiroscondutores que prestarán servizo nos parques dependentes do Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento a partir do 1 de maio de 2019, data na que se asumirá a xestión directa do servizo As ausencias a cubrir mediante esta bolsa de emprego serán aquelas derivadas de baixas médicas, permisos, vacacións ou vacantes con dereito a reserva de posto de traballo, entre outros, que o Consorcio determine.
A existencia de vacantes temporais no servizo non obriga ó Consorcio á cobertura das mesmas a través da presente bolsa de emprego, correspondéndolle ó Consorcio a determinación das vacantes a cubrir conforme ás necesidades do servizo.
O proceso selectivo que se seguirá para a selección dos integrantes desta bolsa será o de concurso, por ser un procedemento que permite unha maior axilidade, de conformidade co disposto no art. 10.2 en relación co 61.6 e 61.7 do RD 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público.
2.- DURACIÓN DA BOLSA DE EMPREGO
Esta bolsa finalizará no momento en que se realicen os procesos selectivos para a cobertura definitiva das prazas de bombeirocondutor no Consorcio Provincial de Lugo.
3.- CARACTERÍSTICAS
As retribucións e demáis condicións laborais serán as que correspondan en todo caso coas prazas obxecto de substitución.
A duración do nomeamento será en función das necesidades do servizo conforme ó determinado nas presentes bases.As funcións do posto de bombeiro-condutor serán as seguintes:

1. Levar a cabo a intervención nos sinistros, de acordo coas instrucións do seu superior e as sistemáticas de actuación vixentes, para procurar o salvamento de persoas e bens.

2. Actuar con celeridade pero observando en todo momento condutas seguras para si mesmo, resto de persoal interveniente así como terceiros e vítimas.

3. Cumprir en todo momento a lexislación vixente en canto a normas de tráfico e circulación.
4. Realizar todos aqueles labores encomendados polos seus superiores que sirvan de apoio á actuación e ao máis eficaz control da situación.

5. Propiciar o traballo en equipo mediante a información continua da evolución do sinistro e dos resultados dos seus labores na zona de actuación na que interveña.

Anuncio publicado en: Num BOP 82 año 2019 08/04/2019 11:48:32
09/04/2019 08:00:00

1.-OBXECTO DA CONVOCATORIA

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 09/04/2019

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data09/04/2019

Conteggio pagine24

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni

<<<Abril 2019>>>
DLMMJVS
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930