Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 02/04/2019

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 076 martes, 2 de abril de 2019

BOP de Lugo
Antecedentes de feito.
Primeiro.-Con data 22 de maio de 2017, a citada empresa solicita a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, para a instalación eléctrica LMT. CT e RBT.
CORTIÑAS-TOIMIL, no concello de Paradela, presentando o preceptivo proxecto das instalacións a que fai referencia o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro BOE 27 de decembro do 2000, núm. 310, que regula as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e xuntando a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados pola instalación que determina a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico BOE do 27 de decembro de 2013, núm. 310 e o artigo 143 do Real decreto 1955/2000, antes citado.
Segundo.- O proxecto someteuse a información pública para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, mediante resolución desta xefatura territorial do 17 de decembro de 2018. Esta resolución foi publicada no diario El Progreso do 9 de xaneiro de 2019, no BOP de Lugo do 23 de xaneiro de 2019 e no DOG do 11 de xaneiro de 2019, no taboleiro de anuncios da citada xefatura territorial e no taboleiro de anuncios do concello de Paradela. Con esta resolución inseríase a relación de bens e dereitos afectados.
Así mesmo, practicouse notificación individual aos interesados incluídos na referida relación de bens e dereitos afectados.
Terceiro.- Enviáronselles separatas relativas ao proxecto aos diferentes organismos afectados e cumpríronse os trámites establecidos no artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Quinto.-Persoal dos servizos técnicos desta xefatura territorial emítiu informe favorable sobre a solicitude obxecto deste expediente, de acordo co disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro. Igualmente, unha vez revisado sobre o terreo o trazado da liña eléctrica proxectada, infórmase polos referidos servizos técnicos que non se dá ningunha das limitacións para a imposición da servidume de paso de enerxía eléctrica ás que se refire o artigo 161 do Real decreto 1955/2000, en relación co artigo 58 da Lei 24/2013, sobre as fincas incluídas na relación de bens e dereitos que foi obxecto de información pública e sobre as que a empresa beneficiaria non chegou a un acordo amigable cos seus propietarios.
A este feitos son de aplicación os seguintes Fundamentos de dereito.
Primeiro.-A esta xefatura territorial correspóndelle resolver sobre a presente solicitude. de acordo coas competencias que resultan do Decreto 135/2017, do 28 de decembro polo que se crea e establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria e tendo en conta o Decreto 9/2017 do 12 de xaneiro DOG n 22 do 1 de febreiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, en relación co Real Decreto 1955/2000, do 1 de decembro, e a Lei 24/2013, do 26 de decembro do sector eléctrico.
Segundo-No expediente cumpríronse os trámites sinalados no artigo 53 da citada lei 24/2013, e os regulamentarios previstos nos capítulos II e V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que regula o procedemento de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
TerceiroÁ vista do informe técnico e do resto da documentación que figura no expediente, considérase que procede a autorización da instalación eléctrica.
Cuarto.- Sen prexuízo do anterior, cómpre ter en conta que consonte ao artigo 151 do citado Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, en calquera momento a empresa beneficiaria e os titulares dos necesarios bens e dereitos poden convir un mutuo acordo, causando a correspondente conclusión do expediente expropiatorio.
De acordo co exposto e en virtude das competencias que ten atribuídas, esta xefatura territorial RESOLVE:
Primeiro. Conceder a autorización administrativa a empresa Unión Fenosa Distribución S.A. para o establecemento da instalación eléctrica denominada LMT. CT e RBT. Cortiñas-Toimil, no concello de Paradela, coas seguintes características técnicas principais:

Liña de Media Tensión aérea a 20 kV, cunha lonxitude de 796 m, con orixe na celosía metálica nº 84-2 tipo C18/3000, proxectada en substitución do poste de formigón existente tipo HV-13/250 da LAT SAR805
Portomarín derivación CT Barán San Pedro, condutor tipo LA 56/54,6 e final en Centro de Transformación Intemperie proxectado.

Centro de Transformación intemperie, cunha potencia de 100 kVA, e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Liña de Baixa Tensión aérea, cunha lonxitude de 228 m, con orixe en Centro de Transformación intemperie proxectado, condutor tipo RZ, e final na RBT existente do CT Baran San Pedro.

Anuncio publicado en: Num BOP 76 año 2019 01/04/2019 09:23:00
02/04/2019 08:00:00

Cuarto.-Durante o trámite de información pública non se presentaron alegacións.

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 02/04/2019

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data02/04/2019

Conteggio pagine7

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni

<<<Abril 2019>>>
DLMMJVS
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930