Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 27/08/2021

Version en texte Qu'est-ce que c'est?Dateas est un site Web indépendant, non affilié à un organisme gouvernemental. La source des documents PDF que nous publions est l'agence officielle indiquée dans chacun d'eux. Les versions en texte sont des transcriptions non officielles que nous faisons pour fournir de meilleurs outils d'accès et de recherche d'informations, mais peuvent contenir des erreurs ou peuvent ne pas être complètes.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 197 venres, 27 de agosto de 2021

BOP Lugo
d Deseño, planificación e execución de accións grupais de orientación laboral que poidan ser de interese, en función dos perfís das persoas orientadas, tanto para mellorar a eficiencia do servizo como para fomentar a interrelación e o intercambio de experiencias entre elas.
e Asesoramento e axuda técnica adicional para:
1º. A definición do currículo das persoas usuarias, provisión de instrumentos e técnicas de axuda para a elaboración do seu currículo personalizado ou o uso de novas ferramentas de presentación profesional a través do uso das TIC.
2º. A aplicación de técnicas para a procura activa de emprego f Información e asesoramento adicional sobre: A situación do mercado de traballo e as políticas activas de emprego, a oferta formativa e os programas que faciliten a mobilidade para a formación e cualificación europeas e a posta en marcha de proxectos emprendedores ou de emprego autónomo, así como os recursos de apoio de todo tipo dispoñibles no seu contorno para un asesoramento ou acompañamento máis especializado.
g Apoio á xestión da mobilidade laboral.
h Coordinación e colaboración co resto de persoal de orientación laboral e coa Rede de técnicos de emprego de Galicia para o intercambio de información e boas prácticas no eido do emprego, o emprendemento e a análise e prospección do mercado laboral.
i Mellora continuada das súas propias competencias e recursos profesionais para a orientación laboral a través da participación nas accións de formación e capacitación específicas que se determinen desde a Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral.
j Calquera outra relacionada que se lle encomende.

Para participar nas probas selectivas, os aspirantes deberán reunir os requisitos que a continuación se indican, de conformidade co establecido no artigo 56 do EBEP e no ART.50 da Lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego público de Galicia, referidos todos e cada un deles á data de remate do prazo de presentación de solicitudes, e deberán manterse durante todo o proceso selectivo:
a NACIONALIDADE: Ter a nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 do EBEP ser nacionales de Estados miembros da Unión Europea ou calquera que sexa a súa nacionalidade aos cónxuxes dos españois ou dos nacionais de estados membros da UE, sempre que non estean separados de dereito nos termos establecidos no artigo 57 de EBEB.
b IDADE: Ter unha idade comprendida entre os 16 e os 65 anos.
c COMPATIBILIDADE: non estar incurso en causas de incompatibilidade de conformidade co establecido na Lei 53/1984, de 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das Administracións Públicas.
d CAPACIDADE FUNCIONAL: Posuir as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas para a o desempeño das correspondentes funcións ou tarefas, acreditándose a mesma mediante certificado médico.
e HABILITACIÓN Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas, ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para o desenvolvemento de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se tratara de acceder a mesma categoría profesional á que pertencía. No caso de ser nacional doutro Estado, non encontrarse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.
f TITULACIÓN: Estar en posesión do título de licenciado/a universitario/a, arquitecto/a, enxeñeiro/a ou grao;
enxeñeiro/a técnico/a, diplomado/a universitario/a, arquitecto/a técnico ou grao.
g Estar en posesión do carnet de conducir tipo B
SEXTA.- PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS
As instancias de participación, dirixidas ao señor alcalde do Concello do Corgo, presentaranse no Rexistro Xeral do Concello, en horario de oficina de 9 a 14.30 ou na sede electrónica municipal concellodocorgo.sedelectronica.gal, durante o prazo de 10 días naturais contados a partir do día seguinte ao de publicación do anuncio da convocatoria no BOP de Lugo.
Poderanse, así mesmo, remitir na forma determinada no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Publicas .
Se conforme a este precepto se presenta a instancia a través das oficinas de correos, deberá aparecer o selo na propia solicitude. Doutro modo, a data de anotación no Rexistro Xeral será a que se teña en conta a tódolos efectos.
Co obxecto de coñecer a presentación das instancias noutros rexistros ou en correos e poder realizar o seu seguimento, nestes supostos, as persoas solicitantes deberán de xeito ineludible comunicalo durante o mesmo
Anuncio publicado en: Num BOP 197 año 2021 27/08/2021
26/08/2021 08:00:00
11:58:43

QUINTA.- REQUISITOS:

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 27/08/2021

TitreBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaysEspagne

Date27/08/2021

Page count10

Edition count3289

Première édition01/03/2013

Dernière édition29/04/2024

Télécharger cette édition

Otras ediciones