Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 27/08/2021

Version en texte Qu'est-ce que c'est?Dateas est un site Web indépendant, non affilié à un organisme gouvernemental. La source des documents PDF que nous publions est l'agence officielle indiquée dans chacun d'eux. Les versions en texte sont des transcriptions non officielles que nous faisons pour fournir de meilleurs outils d'accès et de recherche d'informations, mais peuvent contenir des erreurs ou peuvent ne pas être complètes.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 197 venres, 27 de agosto de 2021

BOP Lugo
termos establecidos na Orde do 23 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a contratación de persoal técnico para a realización de actividades de orientación laboral no exercicio 2021DOG Nº 27 do 10 de febreiro e corrección de erros da citada orde DOG nº 32 do 17 de febreiro.
O/a orientador/a laboral desenvolverá o programa de orientación laboral durante un período máximo de 3 anos nos Concellos de O Corgo, Láncara e Triacastela. A duración máxima do programa queda condicionada á financiación da Comunidade Autónoma de Galicia, polo que non tendo financiación o programa rematará.
O sistema de selección será o de concurso, conforme ao baremo que consta nestas bases.
TERCEIRA.- MARCO COMPETENCIAL
Conforme ao Decreto 289/1997, de 9 de outubro, a Comunidade Autónoma de Galicia asumiu os servizos e funcións transferidos pola Administración do Estado relativos á xestión realizada polo Instituto Nacional de Emprego no ámbito do traballo, o emprego e a formación.
A través do Decreto 110/2020, de 6 de setembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia e do Decreto 130/2020, de 17 de decembro, a Consellería de Emprego e Igualdade asumiu o exercicio das competencias e funcións, en materia de intermediación e orientación laboral, promoción da empregabilidade e a formación social para o emprego e, singularmente, o deseño, planificación e execución das medidas dirixidas á prestación dos servizos previstos na carteira común dos servizos do Sistema Nacional de Emprego na estratexia española de actuación do emprego.

Dentro destas políticas activas atópase o Programa de Orientación Laboral que prestará o Concello do Corgo, con financiación autonómica suficiente, a partir da data de contratación da persoa seleccionada.
A Lei 5/2014, de 27 de maio, de medidas urxentes derivadas da entrada en vigor da Lei 27/2013, de 27 de decembro, de racionalización e sostebilidade da Administración Local, establece, no seu Art. 3 letra d, que non se entenderá como exercicio de novas competencias a concorrencia a convocatorias de subvencións para que as entidades locais realicen con carácter coxuntural actividades de información, de asesoramento, de orientación, de mellora da empregabilidade e formativas, e outras actividades que non supoñan a creación de novos servizos municipais. Tampouco se entenderá como exercicio de novas competencias a realización das actividades citadas unha vez obtida a subvención.
O programa de orientador laboral atópase neste suposto. A Dirección Xeral de Formación e Colocación concedeu unha subvención para prestar este programa de duración de 12 meses dende a contratación da persoa seleccionada por Resolución do 5 de agosto, polo que non procede o establecido no Art. 7.4 da Lei 7/85, de 2
de abril, de bases de réxime local.
CUARTA.- FINALIDADE E MODALIDADE CONTRACTUAL.
A finalidade é a prestación do PROGRAMA DE ORIENTACIÓN LABORAL no ámbito territorial dos concellos de O
Corgo, Láncara e Triacastela, durante o prazo previsto e tido en conta na Resolución do 5 de agosto de 2021 da Dirección Xeral de Formación e Colocación, pola que se concede unha subvención para esta finalidade.
A persoa que sea seleccionada suscribirá un contrato laboral temporal a tempo completo para este programa específico.
A duración máxima do programa de orientación laboral será de 3 anos a contar dende a sinatura do contrato, sempre que continúe existindo financiación suficiente da Xunta de Galicia. No caso de inexistencia de financiación, finalizará o programa que non é unha competencia municipal propia nin delegadae finalizará a relación contractual temporal coa persoa seleccionada polo fin do servizo ou programa. En consecuencia, o contrato poderá durar un máximo de 3 anos, a contar desde la formalización do contrato laboral temporal para este servizo de duración temporal e sustantividade propia.

ACTIVIDADES DO SERVIZO DE ORIENTACIÓN LABORAL

As actividades do orientador laboral son as especificadas no Art. 3 da Orde do 23 de decembro de 2020 DOG de 10 de febreiro de 2021, que en síntese son as seguintes:
a Diagnóstico individualizado e elaboración do perfil ocupacional da persoa demandante de emprego.
b Deseño do itinerario personalizado para o emprego.
c Acompañamento personalizado no desenvolvemento do itinerario e o cumprimento do compromiso de actividade.

Anuncio publicado en: Num BOP 197 año 2021 27/08/2021
26/08/2021 08:00:00
11:58:43

En consecuencia, corresponde á Xunta de Galicia, a través da citada Consellería a xestión das subvencións e axudas públicas dos políticas activas de emprego, entre as que están a de fomentar a creación de emprego de calidade e a de incrementar a empregabilidade das persoas desempregadas, todo elo debido ao novo enfoque que da o Art. 36.3 do Real Decreto lexislativo 3/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de Emprego, en virtude da cal as Comunidades Autónomas están habilitadas para o deseño e execución de novos programas e servizos de políticas activas de emprego adaptadas ás peculiaridades e características dos seus mercados de traballo.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 27/08/2021

TitreBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaysEspagne

Date27/08/2021

Page count10

Edition count3289

Première édition01/03/2013

Dernière édition29/04/2024

Télécharger cette édition

Otras ediciones