Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 14/07/2021

Version en texte Qu'est-ce que c'est?Dateas est un site Web indépendant, non affilié à un organisme gouvernemental. La source des documents PDF que nous publions est l'agence officielle indiquée dans chacun d'eux. Les versions en texte sont des transcriptions non officielles que nous faisons pour fournir de meilleurs outils d'accès et de recherche d'informations, mais peuvent contenir des erreurs ou peuvent ne pas être complètes.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 159 mércores, 14 de xullo de 2021

BOP Lugo
-Dirixir, controlar, realizar seguimento e propoñer a resolución de problemas existentes no funcionamento de dotacións e servizos públicos municipais vías públicas, espazos libres, servizos urbanos, equipamentos, recollida de lixo, transporte de viaxeiros, así como organizar e propoñer a conservación, mellora e xestión.
-Realizar valoracións periciais e informes, sobre bens de titularidade pública, patrimoniais e comunais previstos na lexislación local, especialmente relativos enaxenación, adquisición, permuta e arrendamento.
-Xestionar, informar, inspeccionar, tramitar, colaborar e asesorar ao Concello en materias urbanísticas e de planeamento.
-Calqueira outra tarefa encomendada cando sexa necesaria.
Fases do proceso selectivo.- O proceso selectivo constará dunha fase de oposición e outra fase de concurso, na orde indicada.
2. DURACION DO NOMEAMENTO.
De conformidade co Real Decreto Lei 14/2021, de 6 de xullo, de medidas urxentes para a reducción da temporalidade no emprego público, o nomeamento de funcionario interino para o opositor que supere o proceso de selección será por un máximo de tres anos.
En todo caso, o Concello de Alfoz formalizará de oficio a finalización da relación de interinidade, ademáis de polas causas previstas no artigo 63 do Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubre , sen dereito a compensación algunha :
- Pola cobertura reglada do posto por persoal funcionario de carreira a través de calquiera dos procedementos legalmente establecidos.
- Por razóns organizativas que den lugar á supresión ou á amortización do posto.
- Pola finalización do prazo autorizado expresamente recollido no seu nomeamento.

A praza vacante desempeñada polo funcionario interino que resulte nomeado neste proceso deberá ser obxecto de cobetura mediante calquiera dos mecanismos de provisión ou movilidade previstos na normativa de cada Administración Pública. Non obstante, transcurridos tres anos dende o nomeamento do funcionario interino produciráse o fin da relación de interinidade, e a vacante sólo poderá ser ocupada por persoal funcionario de carreira, salvo que o correspondente proceso selectivo quede deserto, en cuio caso se poderá efectuar outro nomeamento de persoal funcionario interno.
Excepcionalmente, o persoal funcionario interino que resulte nomeado por superar o presente proceso selectivo poderá permanecer na praza que ocupe temporalmente sempre que se teña publicado a correspondente convocatoria dentro do prazo dos tres anos a contar dende a data do seu nomeamento. Neste suposto, poderá permanecer ata a resolución da convocatoria, sen que o seu cese dé lugar a compensación económica.
Ao funcionario interino que sexa nomeado por superar o presente proceso de selección lle será de aplicación o réxime xeral de persoal funcionario de carreira en canto sexa adecuado á natureza da súa condición temporal e ao carácter extraordinario e urxente do seu nomeamento, savo aqueles dereitos inherentes á condición de funcionario de carreira.
3. REQUISITOS DOS CANDIDATOS/AS
Para ser admitidos á realización das probas selectivas os aspirantes deberán cumprir no día de finalización do prazo de presentación de solicitudes e manter ata o momento da toma de posesión como funcionarios , os seguintes requisitos:
3.1. Nacionalidade a Ter a nacionalidade española.
b Ser nacional dalgún dos estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún estado no que, en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.
c Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, os cónxuxes dos españois e dos nacionais doutros estados membros da Unión Europea, e os nacionais dalgún Estado no cal, en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, sempre que non estean separados de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións, poderán participar os seus descendentes e o seu cónxuxe, sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores da devandita idade dependentes.
3.2. Idade: ter cumpridos 16 anos e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa.
3.3. Titulación: Arquitecto técnico/a, grao universitario en arquitectura técnica ou titulación equivalente en contidos segundo a normativa estatal vixente en materia de homologación de títulos universitarios que habilite para o exercicio da profesión de arquitecto técnico/a.

Anuncio publicado en: Num BOP 159 año 2021 14/07/2021
13/07/2021 08:00:00
12:23:51

- Pola finalización da causa que deu lugar ao seu nomeamento.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 14/07/2021

TitreBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaysEspagne

Date14/07/2021

Page count22

Edition count3289

Première édition01/03/2013

Dernière édition29/04/2024

Télécharger cette édition

Otras ediciones