Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 24/07/2021

Version en texte Qu'est-ce que c'est?Dateas est un site Web indépendant, non affilié à un organisme gouvernemental. La source des documents PDF que nous publions est l'agence officielle indiquée dans chacun d'eux. Les versions en texte sont des transcriptions non officielles que nous faisons pour fournir de meilleurs outils d'accès et de recherche d'informations, mais peuvent contenir des erreurs ou peuvent ne pas être complètes.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

SÁBADO, 24 DE XULLO DE 2021

N.º 168

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
ÁREA DE DEPORTES, ARTESANÍA E DESEÑO E MEMORIA HISTÓRICA DEPORTES
Anuncio EXTRACTO DO ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO EN SESIÓN CELEBRADA O
DEZASEIS DE XULLO DE DOUS MIL VINTE E UN POLO QUE SE APROBAN AS BASES DA CONVOCATORIA, O GASTO, E
OS ANEXOS DOS PREMIOS PARA DEPORTISTAS INDIVIDUAIS DA PROVINCIA DE LUGO, DISCIPLINA AUTOMOBILISMO, ESPECIALIDADE RALLY DE ASFALTO, TERRA OU MONTAÑA E VEHÍCULOS HISTÓRICOS NA ANUALIDADE 2021
PREMIOS PARA DEPORTISTAS INDIVIDUAIS DA PROVINCIA DE LUGO, DISCIPLINA AUTOMOBILISMO, ESPECIALIDADE
RALLY DE ASFALTO, TERRA OU MONTAÑA E VEHÍCULOS HISTÓRICOS NA ANUALIDADE 2021

De conformidade co previsto nos artigos 17.3b e 20.8 da Lei 38/2003 de 17 de novembro, Xeral de Subvencións publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pódese consultar na Base de Datos Nacional de Subvencións http www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/index Primeiro.- Beneficiarios:
Poderán ser beneficiarios/as dos premios da presente convocatoria as persoas físicas que sexan deportistas federados nalgunha das federacións oficiais de automobilismo, de calquera categoría, e exclusivamente de modalidades de rally de asfalto, terra e montaña e vehículos históricos, de nacionalidade española ou residentes legais en España, que cumpran os requisitos establecidos na convocatoria.
Segundo. Obxecto:
Constitúe o obxecto desta convocatoria a ordenación do procedemento aplicable para o outorgamento de premios para deportistas individuais da provincia de Lugo, anualidade 2021, destinados a deportistas individuais da disciplina automobilismo, especialidade rally de asfalto, terra ou montaña e vehículos históricos.
Terceiro. Bases reguladoras A Ordenanza Xeral de Subvencións da Deputación de Lugo na web desta entidade local, en concreto na seguinte dirección:
http run.gob.es/owqlth PREMIOS PARA DEPORTISTAS INDIVIDUAIS DA PROVINCIA DE LUGO, DISCIPLINA AUTOMOBILISMO, ESPECIALIDADE
RALLY DE ASFALTO, TERRA OU MONTAÑA E VEHÍCULOS HISTÓRICOS NA ANUALIDADE 2021.
http www.deputacionlugo.gal/temas/deportes/axudas Cuarto. Contía e importe mínimo e máximo A dotación orzamentaria total da presente convocatoria é de 45.000,00 € corenta e cinco mil euros.
Establécese como importe máximo de cada premio 2.500,00 € e como importe mínimo de cada premio 300,00
€.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes Prazo para a presentación de solicitudes: 10 días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no BOP de Lugo. Cada deportista só poderá presentar una única solicitude Anexo I e optar a un único premio.

Anuncio publicado en: Num BOP 168 año 2021 24/07/2021
23/07/2021 08:00:00
14:13:30

BDNS Identif:

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 24/07/2021

TitreBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaysEspagne

Date24/07/2021

Page count75

Edition count3288

Première édition01/03/2013

Dernière édition27/04/2024

Télécharger cette édition

Otras ediciones