Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 08/07/2021

Version en texte Qu'est-ce que c'est?Dateas est un site Web indépendant, non affilié à un organisme gouvernemental. La source des documents PDF que nous publions est l'agence officielle indiquée dans chacun d'eux. Les versions en texte sont des transcriptions non officielles que nous faisons pour fournir de meilleurs outils d'accès et de recherche d'informations, mais peuvent contenir des erreurs ou peuvent ne pas être complètes.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

11

Núm. 154 xoves, 8 de xullo de 2021

BOP Lugo
O presente anuncio de aprobación dos Padróns ten o carácter de notificación colectiva ó abeiro do establecido no artigo 102.3 da Lei 58/2003, do 17 de decembro.
ANUNCIO DE COBRANZA.
De conformidade co disposto no art. 24 do Regulamento xeral de Recadación, aprobado por Real Decreto 939/2005, do 29 de xullo e 62.3 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, fíxase como prazo de ingreso en período voluntario, dende o 15 de xullo de 2021 ó 15 de setembro 2021
Para o cobro dos mesmos, os contribuíntes que teñan domiciliados os recibos, estes seranlle cargados nas contas bancarias o día 5 de agosto de 2021
O resto dos contribuíntes poderán efectua-lo ingreso nas Oficinas Municipais, baixo advertencia de que transcurrido o prazo en período voluntario devengarase o recargo de apremio correspondente.
O Valadouro, 2 de xullo de 2021.- O Alcalde, Edmundo Maseda Maseda.
R. 2034

VILALBA
Anuncio APROBACIÓN PREZO PÚBLICO INSCRICIÓNS OBRADOIROS LECER CULTURAL 2021
Por acordo de Xunta de Goberno de data do 2 de xullo de 2021, adoptouse, entre outros, o seguinte acordo:

Visto o artigo 47.1 do TRLRHL, e visto que a competencia para a aprobación do prezo público corresponde a Xunta de Goberno Local, por delegación acordada polo Concello Pleno, en sesión celebrada o 4 de xullo de 2019.
Visto o artigo 44 do TRLRHL respecto ao importe do prezo público, que deberá cubrir como mínimo o custo da actividade realizada, e visto que concorren circunstancias de interese público, neste caso, a promoción formativa e cultural entre a veciñanza, a ocupación do tempo de lecer de xeito activo e a conciliación familiar e laboral a través da cultura, ao que hai que engadir a consideración a repercusión que para os participantes teñen as actividades culturais no desenvolvemento das súas capacidades creativas, habilidades e autoestima, son consignadas no orzamento as dotacións económicas necesarias para dar cobertura á diferenza resultante.
Visto o expediente, e en virtude da competencia que lle foi delegada, por unanimidade dos asistentes, a Xunta de Goberno Local acorda:
Primeiro.- Aprobar o prezo público da inscrición por alumno nos obradoiros de Lecer Cultural 2021, segundo o acordo regulador que se xunta como anexo ao presente acordo.
Segundo.- Publicar no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
Terceiro.- Dar conta deste acordo a Comisión Informativa de asuntos do Pleno na Primeira que se celebre.
Cuarto.- Dar traslado do presente acordo aos servizos municipais responsables da súa tramitación, así como aqueles terceiros interesados que obren no expediente.
ANEXO
PREZO PÚBLICO INSCRICIÓNS OBRADOIROS LECER CULTURAL 2021
Art. 1.- OBXECTO
De conformidade co previsto no artigos 127 así como nos artigos 41 e seguintes do Real Decreto Lexislativo 2/2004, que aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, este Concello establece o prezo público da inscrición por alumno e obradoiro de Lecer Cultural 2021.
Art.2.- FUNDAMENTO E NATUREZA
O prezo público é unha prestación patrimonial de carácter público, que se satisfai por servizos ou actividades prestadas pola Administración cando non concorra ningunha das circunstancias previstas no artigo 20.1 da citada disposición normativa, relativas ás taxas.
Art.3.- OBRIGADOS AO PAGO
Están obrigados ao pago do mesmo, as persoas que se inscriban e participen nas actividades reguladas no presente acordo.

Anuncio publicado en: Num BOP 154 año 2021 08/07/2021
07/07/2021 08:00:00
11:31:45

Visto o artigo 127 así como os artigos 41 e seguintes do Real Decreto Lexislativo 2/2004, que aproba o Texto Refundido de la Lei Reguladora das Facendas Locais TRLRHL, proponse o establecemento do prezo público da inscrición por alumno e actividade nos obradoiros de Lecer Cultural 2021.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 08/07/2021

TitreBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaysEspagne

Date08/07/2021

Page count12

Edition count3289

Première édition01/03/2013

Dernière édition29/04/2024

Télécharger cette édition

Otras ediciones