Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 18/02/2021

Version en texte Qu'est-ce que c'est?Dateas est un site Web indépendant, non affilié à un organisme gouvernemental. La source des documents PDF que nous publions est l'agence officielle indiquée dans chacun d'eux. Les versions en texte sont des transcriptions non officielles que nous faisons pour fournir de meilleurs outils d'accès et de recherche d'informations, mais peuvent contenir des erreurs ou peuvent ne pas être complètes.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 039 xoves, 18 de febreiro de 2021

BOP Lugo
enténdese por alta, cada unha das sucesivas altas e cambios de titularidade que no seu caso se produzan ao longo da vida do servizo.
USO DOMÉSTICO.

87,39 €

USO INDUSTRIAL.

218,45 €

EXENCIÓNS E BONIFICACIÓNS
ARTIGO 10
Non se concederá ningunha exención nin bonificación na Taxa.
DEVENGO
ARTIGO 11
Abonarase a Taxa e nace a obriga de contribuír desde que teña lugar a prestación do servizo mediante xiros bimestrais.
ENTRADA EN VIGOR
ARTIGO 12
A presente Ordenanza fiscal, cuxa redacción definitiva foi aprobada polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o 14 de decembro de 2021, entrará en vigor o 1 de xaneiro do 2021, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa. En cumprimento co artigo 17.4 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais no artigo 70.2 da Lei Reguladora das Bases de Réxime Local.
ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA DE REDE DE SUMIDOIROS E DEPURACIÓN DE AUGAS
RESIDUAIS
FUNDAMENTO E NATUREZA

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos do 15 ó 19 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a Taxa de REDE DE SUMIDOIROS E DEPURACIÓN DE AUGAS RESIDUAIS, que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal, atendendo as súas normas ó prevido no artigo 57 da citada Lei 2/2004.
FEITO IMPOÑIBLE
Artigo 2:
1. Constitúe o feito impoñible da Taxa:
a A actividade municipal, técnica e administrativa, tendente a verificar se se dan as condicións necesarias para autoriza-la acometida á Rede de Sumidoiros e Depuración de Augas Residuais Municipais.
b A prestación dos servicios de evacuación de excretas, augas pluviais, negras e residuais, a través da rede de sumidoiros municipais.
c A prestación do Servicio de Depuración de Augas Residuais vertidas a través da rede de sumidoiros.
SUXEITO PASIVO
Artigo 3:
1. Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 35.4
da Lei Xeral Tributaria, que sexan:
a Cando se trate da concesión da licencia de acometida á rede, o propietario, usufructuario ou titular do dominio útil da finca.
b No caso de prestación de servicios do número 1.b do artigo anterior, os ocupantes ou usuarios das fincas do termo municipal beneficiarios destes servicios, calquera que sexa o seu título: propietarios, usufrutuarios, habitacionistas ou arrendatarios, incluso ocupantes en precario.
2. En todo caso, terá a consideración de suxeito pasivo substituto do ocupante ou usuario das vivendas ou locais, o propietario destes inmobles, que poderá repercutir no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os respectivos beneficiarios do servicio.

Anuncio publicado en: Num BOP 39 año 2021 18/02/2021
17/02/2021 08:00:00
10:47:13

Artigo 1:

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 18/02/2021

TitreBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaysEspagne

Date18/02/2021

Page count23

Edition count3289

Première édition01/03/2013

Dernière édition29/04/2024

Télécharger cette édition

Otras ediciones

<<<Febrero 2021>>>
DLMMJVS
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28