Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 04/02/2021

Version en texte Qu'est-ce que c'est?Dateas est un site Web indépendant, non affilié à un organisme gouvernemental. La source des documents PDF que nous publions est l'agence officielle indiquée dans chacun d'eux. Les versions en texte sont des transcriptions non officielles que nous faisons pour fournir de meilleurs outils d'accès et de recherche d'informations, mais peuvent contenir des erreurs ou peuvent ne pas être complètes.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

XOVES, 4 DE FEBREIRO DE 2021

N.º 028

XUNTA DE GALICIA
CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE. AUGAS DE GALICIA. SERVIZO
TERRITORIAL DE LUGO
Anuncio INFORMACIÓN PÚBLICA
O Concello de Alfoz solicita de Augas de Galicia a autorización de obras en zona de policía. O presente anuncio ten por obxecto abrir a regulamentaria información pública que prescribe o art. 52 do Regulamento do dominio público hidráulico. Expediente: DH.W27.74379

O que se fai público para xeral coñecemento, por un prazo de vinte 20 días a partir do seguinte á data de publicación no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que os que se sintan prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, no Concello de Alfoz ou nas oficinas deste servizo, situadas na Ronda da Muralla, 70, 2º, onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe.
Lugo, 28 de xaneiro de 2021.- A xefa do servizo territorial, Rocío Carreira Carral.
R. 0225

CONCELLOS
FOZ
Anuncio Por Decreto de Alcaldía de data 21 de xaneiro de 2021, aprobáronse os Padróns do Prezo Público pola prestación do servizo de axuda no fogar dos meses de novembro e decembro de 2020, así como a apertura dun período de información pública por prazo de vinte días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación deste edicto no B.O.P. para consultar o seu contido e presentar as alegacións que estimen oportunas, rematado este prazo sen presentarse reclamacións, entenderanse definitivamente aprobados.
O período de cobro en período voluntario fíxase entre o 1 de febreiro e o 1 de abril de 2021.
Ao día seguinte do vencemento do prazo do ingreso en período voluntario iniciarase o procedemento executivo e o administrativo de constrinximento, e devengarán as débedas as recargas do período executivo así como os correspondentes xuros de mora en virtude dos artigos 26, 27 e 28 da Lei Xeral Tributaria.
Contra as liquidacións de carácter tributario que se deriven dos presentes padróns poderase interpoñer recurso de reposición previo ao contencioso-administrativo, no prazo dun mes a contar dende a finalización do período de exposición pública de conformidade co establecido no artigo 14.2.c do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5
de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.
Contra a desestimación expresa ou presunta do recurso de reposición poderán interpoñer recurso contenciosoadministrativo ante os órganos e na forma e prazos determinados na Lei reguladora desta Xurisdición.
Foz, 25 de xaneiro de 2021.- O ALCALDE, FRANCISCO CAJOTO CASERÍO.
R. 0226

Anuncio publicado en: Num BOP 28 año 2021 04/02/2021
03/02/2021 08:00:00
11:31:10

As obras solicitadas consisten na reconstrución con marcos prefabricados dunha obra de paso sobre o río Ouro no camiño municipal entre os núcleos de Guilfonso e Arnela e con desvío provisional do río pola súa marxe dereita; no lugar de Guilfonso, na parroquia do Pereiro, no concello de Alfoz Lugo.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 04/02/2021

TitreBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaysEspagne

Date04/02/2021

Page count3

Edition count3289

Première édition01/03/2013

Dernière édition29/04/2024

Télécharger cette édition

Otras ediciones

<<<Febrero 2021>>>
DLMMJVS
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28