Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 02/01/2021

Version en texte Qu'est-ce que c'est?Dateas est un site Web indépendant, non affilié à un organisme gouvernemental. La source des documents PDF que nous publions est l'agence officielle indiquée dans chacun d'eux. Les versions en texte sont des transcriptions non officielles que nous faisons pour fournir de meilleurs outils d'accès et de recherche d'informations, mais peuvent contenir des erreurs ou peuvent ne pas être complètes.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 001 sábado, 2 de xaneiro de 2021

1. Os/as fillos/as menores, independentesdestes/as.

con
excepción
dos
que,
con
consentimento
BOP Lugo
dos/as
pais/nais,
vivan
2. Os/as fillos/as maiores de idade incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ourehabilitada.
3. Os/as fillos/as maiores de dezaoito anos discapacitados cun grao de discapacidade superior ao 33 porcento.
A determinación dos membros da unidade familiar realizarase atendendo á situación existente no 31 de decembro do ano a que se refiran os datos económicos a que se refiren as seguintes regras.

Tomarase o importe dos ingresos totais da unidade familiar, que será o resultado da agregación das rendas do exercicio anterior a aquel en que dea comezo o curso escolar, no cal se pretenda que produza efectos, de cada un dos membros da unidade familiar, calculadas por agregación da base impoñible xeral coa base impoñible do aforro, calculadas segundo os criterios establecidos na normativa do imposto sobre a renda das persoas físicas.

O importe dos ingresos totais da unidade familiar será acreditado, mediante a presentación das copias certificadas pola Administración tributaria das declaracións do IRPF ou a certificación de ingresos das persoas que non presentasen as declaracións do IRPF.

O importe anterior dividirase polo número de membros computables da unidade familiar. No caso de familias monoparentais, incrementarase nun 0,8 o número real de membros que compoñen a unidade familiar.
Entenderase por familia monoparental a unidade familiar a que se refire a letra a cando formase parte dela un único proxenitor ou proxenitora que non conviva con outra persoa con que manteña unha relación análoga á conxugal e sempre que o outro proxenitor ou proxenitora non contribúa economicamente ao seu sustento.

A renda per cápita mensual será o resultado de dividir o importe anterior por doce
.Artigo 5. Suspensión temporal da cota.

-

Os suxeitos obrigados a que fai referencia o artigo 2 non terán a obriga de aboar a cota correspondente á atención educativa e ao servizo de comedor durante os seguintes períodos:

-

O mes de vacacións anual da/onena/o.

-

Cando por calquera motivo distinto ao período de vacacións anuais o centro permaneza pechado por un período superior a quince días naturais.

En ambos os dous casos a suspensión realizarase de oficio.

-

Os suxeitos obrigados a que fai referencia o artigo 2 non terán a obriga de aboar a cota correspondente ao servizo de comedor no seguinte suposto:

a Cando por causa debidamente xustificada a/o nena/o deixe de asistir temporalmente ao centro. Neste caso, a suspensión da cota terá lugar desde o primeiro día do mes natural seguinte á data de inasistencia ao centro e durará ata o día primeiro do mes natural en que teña lugar a reincorporación da/o nena/o ao centro.
Non obstante, se a reincorporación se produce con posterioridade ao día 15 do mes, a cota do comedor correspondente ao dito mes reducirase nun 50 por cento.
A solicitude de suspensión da cota correspondente a este servizo, xunto coa acreditación documental da circunstancia que a motiva, deberá presentarse ante a/o xefa/e territorial correspondente, que resolverá sobre a procedencia da exención.
Nos casos de suspensión temporal da cota correspondente ao servizo de comedor, o pagamento correspondente ao mes de reincorporación realizarase no prazo dos dez días naturais seguintes á data de reincorporación. Así mesmo, nos casos en que a/o xefa/e territorial acorde a non procedencia da suspensión solicitada, o suxeito obrigado deberá ingresar as cotas atrasadas no prazo dos dez días naturais seguintes á notificación da resolución denegatoria.
-

DISPOSICIÓN DERRADEIRA

A presente Ordenanza fiscal, cuxa redacción definitiva foi aprobada polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o día 31 DE OUTUBRO de 2012, entrará en vigor o mesmo día da súa publicación definitiva no "Boletín Oficial da Provincia", permanecendo en vixencia ata a súa modificación ou derrogación expresa.

Anuncio publicado en: Num BOP 1 año 2021
2020 02/01/2021
31/12/2020 08:00:00
12:37:17

A documentación anterior poderá ser substituída pola correspondente autorización á Administración con competencia en materia de escolas infantís 0-3 para obter os datos necesarios para determinar os ingresos totais para estes efectos a través das correspondentes administracións tributarias.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 02/01/2021

TitreBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaysEspagne

Date02/01/2021

Page count4

Edition count3289

Première édition01/03/2013

Dernière édition29/04/2024

Télécharger cette édition

Otras ediciones