Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 02/01/2021

Version en texte Qu'est-ce que c'est?Dateas est un site Web indépendant, non affilié à un organisme gouvernemental. La source des documents PDF que nous publions est l'agence officielle indiquée dans chacun d'eux. Les versions en texte sont des transcriptions non officielles que nous faisons pour fournir de meilleurs outils d'accès et de recherche d'informations, mais peuvent contenir des erreurs ou peuvent ne pas être complètes.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

SÁBADO, 2 DE XANEIRO DE 2021

N.º 001

CONCELLOS
VIVEIRO
Anuncio Finalizado o periodo de exposición pública da modificación da Ordenanza n.º 44 do Concello de Viveiro, segundo o que se estipula no artigo 49 da Lei 7/1985, de 2 de abril, de Bases de Réxime Local, entenderase definitivamente adoptado o acordo, ata entón provisional, sen necesidade de acordo plenario polo que se procede á publicación do texto íntegro do mesmo, entrando en vigor ao día seguinte á súa publicación definitiva no BOP.
ORDENANZA FISCAL NUMERO 44

Este Concello, conforme ao autorizado polo artigo 106 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e de acordo co previsto nos artigos 15 a 19 e 20.3.L do Real Decreto Lexislativo 2/2004, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, e siguendo o establecido no Decreto 49/2012, do 19 de xaneiro, polo que se aproba o réxime de prezos das escolas infantís 0-3 dependentes da Consellería de Traballo e Benestar, regula o prezo público do servizo do centro atención á primeira infancia deste Concello, que se rexirá pola anterior Lei e polo disposto na presenteordenanza.
Artigo 1.Obxecto.
Apróbanse as contías dos prezos públicos correspondentes aos servizos prestados nas no centro de arención primeira infancia de Viveiro. Os prezos públicos establecidos no anexo actualizaranse cada curso escolar na mesma proporción que a variación interanual positiva experimentada polo índice xeral de prezos de consumo para a Comunidade Autónoma de Galicia IPC no mes de xuño anterior, mediante resolución, que se publicará no Diario Oficial de Galicia, da Secretaría Xeral de Política Social.
Artigo 2. Suxeitos obrigados.
Están obrigados ao pagamento das cantidades que se establecen como prezo as/os nais/pais dos nenos e das nenas en situación de alta nos centros sinalados no artigo anterior, no seu defecto, os/as familiares ou titores/as legais a quen corresponda o exercicio da patria potestade.
Artigo 3. Pagamento.

O pagamento das cotas, sen prexuízo do establecido no artigo 5 desta ordenanza, realizarase mensualmente nos dez primeiros días naturais do mes a que correspondan. Nos casos en que o ingreso no centro se produza con posterioridade ao día primeiro do mes, a cota correspondente ao dito mes ingresarase nos dez días naturais seguintes á data de ingreso.

No caso de utilizar o servizo de comedor por días soltos, realizarase o pagamento deste servizo xunto coa cota do mes seguinte.

Salvo o disposto no artigo 5 deste decreto, a falta de asistencia da nena ou do neno ao centro non supón redución nin exención da cota mentres non se formalice a baixa correspondente.

A falta de pagamento de dúas mensualidades consecutivas ou tres alternas, sen prexuízo da súa exixencia polo procedemento administrativo de constrinximento, orixinará a perda do dereito á praza.

Artigo 4.Regras e definicións para adeterminación do importe que se vai pagar.
Para a determinación do importe mensual que van pagar as persoas obrigadas ao pagamento dos prezos públicos determinados no anexo deste decreto, teranse en conta as especificacións recollidas no dito anexo. Para os efectos da aplicación do anexo, a renda per cápita mensual da unidade familiar computarase segundo as seguintes regras:

Entenderase por unidade familiar a formada polos cónxuxes non separados legalmente e:

Anuncio publicado en: Num BOP 1 año 2021
2020 02/01/2021
31/12/2020 08:00:00
12:37:17

REGULADORA DOS PREZOS PÚBLICOS DO SERVIZO DO CENTRO DE ATENCIÓN DE PRIMEIRA INFANCIA NO CONCELLO
DE VIVEIRO

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 02/01/2021

TitreBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaysEspagne

Date02/01/2021

Page count4

Edition count3288

Première édition01/03/2013

Dernière édition27/04/2024

Télécharger cette édition

Otras ediciones