Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 22/02/2020

Version en texte Qu'est-ce que c'est?Dateas est un site Web indépendant, non affilié à un organisme gouvernemental. La source des documents PDF que nous publions est l'agence officielle indiquée dans chacun d'eux. Les versions en texte sont des transcriptions non officielles que nous faisons pour fournir de meilleurs outils d'accès et de recherche d'informations, mais peuvent contenir des erreurs ou peuvent ne pas être complètes.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

9

Núm. 044 sábado, 22 de febreiro de 2020

BOP Lugo
A puntuación final de cada solicitude será a resultante de dividir o sumatorio dos puntos obtidos entre o número de criterios de valoración, neste caso 3, tendo en conta ata catro cifras decimais.
Aos efectos desta selección consideraranse as intervencións exclusivamente en elementos comúns do edificio como unha única solicitude e a súa puntuación será referira ao edificio e non as unidades de vivenda que o compoñen, computándose tantas actuacións como o seu número de vivendas rehabilitadas.
En caso de empate terán preferencia aquelas que presenten a documentación completa esixible segundo as bases con máis antelación no tempo; e no caso de solicitudes que completaran a documentación ao mesmo tempo, terán preferencia as que temporalmente se presenten antes no rexistro municipal.
ARTIGO 16. XESTIÓN DAS OBRAS.
A.- XESTIÓN DA OBRA.
As obras contarán coa preceptiva licenza municipal de obras ou autorización administrativa oportuna nas que se faga constar a descrición de todas as obras a executar, que deberá ser solicitada polo interesado.
Os/As solicitantes poderán contratar as obras coas empresas de construción que posúan o correspondente documento de cualificación empresarial e cos profesionais competentes que consideren máis oportuno.
B.- INICIO DAS OBRAS.
O solicitante promotor das obras deberá comunicar previamente e de xeito oficial á Oficina Municipal de Rehabilitación a data do inicio das obras, segundo o ANEXO V.
C.- REALIZACION DAS OBRAS.
As obras obxecto das axudas, axustaranse ao convido no proxecto técnico ou documentación que serviu de base para a concesión licencia de obras correspondente.

As obras deberanse realizar no prazo máximo concedido no documento de cualificación provisional emitido polo Instituto Galego da Vivenda e Solo, e en todo caso este prazo rematará o 15 de novembro de 2021, de xeito que o Concello teña tempo suficiente para realizar as comprobacións correspondentes.
Durante o período de execución das obras, o promotor deberá colocar o cartel informativo do programa de axudas para a rehabilitación de acordo co deseño proposto pola Oficina de Rehabilitación, elaborado de acordo cos convenios asinados.
D.- REMATE DAS OBRAS
Rematadas as obras, o prazo para comunicar oficialmente ao Concello o remate das mesmas, e xunto con esta comunicación presentar a documentación para a súa xustificación, remata o 15 de novembro de 2021, segundo o ANEXO VI.
A documentación a presentar é a seguinte:
Certificado fin de obra asinado polo técnico redactor do proxecto, de selo caso.
Facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa das actuacións realizadas, sendo imprescindible que como mínimo representen a contía de todas as subvencións declaradas. As facturas e recibos de pago, deberán reunir os seguintes requisitos:
O beneficiario/a da subvención deberá figurar obrigatoriamente como destinatario da factura.
Ser orixinais ou copias debidamente compulsadas.
Ter referencia de gastos xerados obxecto da subvención.
As facturas deberán estar pagadas pola persoa beneficiaria que figura na cualificación provisional.
Cumprir cos requisitos técnicos esixidos polas leis e regulamentos que establecen as características das facturas e o seu contido, entre outros:
Nome, razón social e NIF ou CIF de quen emite a factura.
Desglose do IVE ou imposto correspondente; no caso de exención deberá constar expresamente na factura.
Nome do beneficiario da subvención.
Enderezo da actuación e descrición detalladas das obras levadas a cabo obxecto da subvención.
Número de factura, data de emisión e denominación de factura.
Os pagos deberán de acreditarse a través de transferencia bancaria, certificación bancaria nos que queden claramente identificados o receptor e o emisor do pago.

Anuncio publicado en: Num BOP 44 año 2020 22/02/2020
21/02/2020 08:00:00
09:21:56

O técnico da Oficina de Rehabilitación poderá supervisar a execución das obras, non admitíndose máis modificacións na súa execución que as autorizadas polo IGVS, previo informe favorable da Oficina de Rehabilitación e que, en todo caso, deberán estar amparadas pola correspondente licencia urbanística.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 22/02/2020

TitreBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaysEspagne

Date22/02/2020

Page count10

Edition count3289

Première édition01/03/2013

Dernière édition29/04/2024

Télécharger cette édition

Otras ediciones