Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 22/02/2020

Version en texte Qu'est-ce que c'est?Dateas est un site Web indépendant, non affilié à un organisme gouvernemental. La source des documents PDF que nous publions est l'agence officielle indiquée dans chacun d'eux. Les versions en texte sont des transcriptions non officielles que nous faisons pour fournir de meilleurs outils d'accès et de recherche d'informations, mais peuvent contenir des erreurs ou peuvent ne pas être complètes.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

8

Núm. 044 sábado, 22 de febreiro de 2020

BOP Lugo
7. Outra documentación:
Para xustificar ingresos inferiores a 3 veces o IPREM, deberá aportar ingresos da unidade de convivencia residentes, relativas ao derradeiro período impositivo con prazo de presentación vencido no momento da presentación da solicitude. Non caso de non estar obrigado á presentación da declaración, deberá presentar certificado de de imputacións de I.R.P.F., declaración responsable de ingresos.
Certificado de discapacidade dos residentes da vivenda, de selo caso, cando se acometan obras para a mellora da accesibilidade.
Documento que permita a comprobación de ser maior de 65 anos dos residentes da vivenda, de selo caso, cando se acometan obras para a mellora da accesibilidade.
Orzamentos que contemplen gastos de xestión conforme ao disposto no artigo 6 destas bases.
Outros documentos que, se é o caso, o Concello considere necesarios para ditar resolución.
ARTIGO 15. CRITERIOS DA SELECCIÓN DAS AXUDAS.
O Concello, en función da dispoñibilidade de orzamento, do número máximo de axudas que se poidan conceder e da preferencia das solicitudes, seleccionará as actuacións subvencionadas.
O Concello aprobará unha selección de solicitudes candidatas a seren subvencionadas en función das seguintes consideracións: mellora das condicións de habitabilidade e accesibilidade das vivendas, presenza significativa da unidade de edificación no espazo público, condición socio económica dos beneficiarios e medidas de aforro enerxético, de acordo co seguinte baremo:
1.- SE O SOLICITANTE E UNHA PERSOA FISICA OU XURIDICA.

Presenza significativa da unidade de edificación no espazo público: 0-3 puntos: valórase a capacidade de mellora da imaxe urbana e así fomentar a recuperación dos edificios do contorno.
Por razón socio económica, 0-3 puntos. Terase en conta os ingresos de unidade familiar tal e como resulta definida na regulación do imposto sobre a renda das persoas físicas, de todos os propietarios ou herdeiros da vivenda relativas ao derradeiro período impositivo con prazo de presentación vencido no momento de presentación da solicitude da subvención:
3 puntos: rentas inferiores a 1,5 veces o IPREM.
2 puntos: rentas entre 1,5 e inferiores a 3,5 veces o IPREM.
1 punto: rentas entre 3,5 e inferiores a 6,5 veces o IPREM.
0 puntos: rentas superiores a 6,5 veces o IPREM.
Por adopción de medidas de aforro enerxético: 0-3 puntos:
3 puntos: aforro enerxético en iluminación eléctrica e térmica.
2 puntos: eficiencia enerxética de enerxía térmica.
1 punto: eficiencia enerxética de enerxía eléctrica.
0 puntos: ausencia de adopción de medidas de aforro enerxético.
A puntuación final de cada solicitude será a resultante de dividir o sumatorio dos puntos obtidos entre o número de criterios de valoración, neste catro 4, tendo en conta ata catro cifras decimais.
2.- SE O SOLICITANTE E UNHA COMUNIDADE DE PROPIETARIOS.
Mellora das condicións de habitabilidade e accesibilidade das vivendas e edificios 0-3 puntos: son aquelas intervencións que melloran considerablemente as condicións de habitabilidade e accesibilidade, para alcanzar ou aproximarse ás establecidas no decreto 29/2010 Normas de Habitabilidade de Vivendas de Galicia.
Presenza significativa da unidade de edificación no espazo público: 0-3 puntos: Valorase a capacidade de mellora da imaxe urbana e así fomentar a recuperación dos edificios do contorno.
Por adopción de medidas de aforro enerxético: 0-3 puntos:
3 puntos: aforro enerxético en iluminación eléctrica e térmica.
2 puntos: eficiencia enerxética de enerxía térmica.
1 punto: eficiencia enerxética de enerxía eléctrica.
0 puntos: ausencia de medidas de aforro enerxético.

Anuncio publicado en: Num BOP 44 año 2020 22/02/2020
21/02/2020 08:00:00
09:21:56

Mellora das condicións de habitabilidade e accesibilidade das vivendas e edificios 0-3 puntos: son aquelas intervencións que melloran considerablemente as condicións de habitabilidade e accesibilidade, para alcanzar ou aproximarse ás establecidas no decreto 29/2010 Normas de Habitabilidade de Vivendas de Galicia.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 22/02/2020

TitreBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaysEspagne

Date22/02/2020

Page count10

Edition count3289

Première édition01/03/2013

Dernière édition29/04/2024

Télécharger cette édition

Otras ediciones