Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 10/08/2019

Version en texte Qu'est-ce que c'est?Dateas est un site Web indépendant, non affilié à un organisme gouvernemental. La source des documents PDF que nous publions est l'agence officielle indiquée dans chacun d'eux. Les versions en texte sont des transcriptions non officielles que nous faisons pour fournir de meilleurs outils d'accès et de recherche d'informations, mais peuvent contenir des erreurs ou peuvent ne pas être complètes.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 183 sábado, 10 de agosto de 2019

BOP Lugo
Lugo, 30 de xullo de 2019.- A TENENTA DE ALCALDESA DELEGADA DA ÁREA DE GOBERNANZA, ECONOMÍA E
RECURSOS HUMANOS, Mercedes Paula Alvarellos Fondo R. 2407

MEIRA
Anuncio APROBACIÓN INICIAL DO PLAN ECONÓMICO FINANCEIRO DO CONCELLO DE MEIRA LUGO.
Acordo co establecido na Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, de Estabilidade Orzamentaria e Sustentabilidade Financeira o Pleno do Concello de Meira en sesión ordinaria de data de 2 de agosto do 2019 adoptou o acordo de aprobación do Plan Económico Financeiro para os exercicios 2019 e 2020.
O devandito expediente permanecerá exposto ao público durante o prazo de quince 15 días hábiles contados a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de edictos do Concello, a efectos da presentación de reclamacións segundo o disposto no artigo 23.4 da Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, de Estabilidade Orzamentaria e Sustentabilidade Financeira.
Se ao remate do período de exposición pública non se presentaran reclamacións, o expediente considerarase definitivamente aprobado Tamen a efectos exclusivamente informativos, unha copia do Plan Económico Financeiro estará a disposición do público desde a súa aprobación polo Pleno ata a finalización da vixencia do plan.
Meira, 2 de agosto do 2019.- O Alcalde Accidental, Agustín Méndez Moirón.

Anuncio APROBACIÓN INICIAL DE NORMATIVA MUNICIPAL RELATIVA AO CENTRO DE ATENCIÓN RESIDENCIAL E
DIÚRNA DO CONCELLO DE MEIRA LUGO.
O Pleno do Concello de Meira, en sesión ordinaria celebrada o día 2 de agosto de 2019 adoptou acordo de aprobación inicial das seguintes normas relativas ao Centro de Atención Residencial CAR e Centro de Atención Diúrna CAD:
Regulamento de réxime interno do CAD, do Concello de Meira.
Regulamento de funcionamento do CAR do Concello de Meira.
Ordenanza para o acceso ao CAR e CAD.
Ordenanza para o establecemento do prezo público na modalidade de atención residencial.
Ordenanza para o establecemento do prezo público na modalidade de atención diúrna.
En cumprimento do disposto no artigo 17.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, e no artigo 131 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administración públicas sométese o expediente a información pública polo prazo de trinta 30 días a contar desde o día seguinte da inserción de este anuncio no Boletín Oficial da Provincia, para que os interesados poidan examinar o expediente e presentar as reclamacións que estimen oportunas.
Se transcorrido dito prazo non se presentan reclamacións, considerarase aprobado definitivamente dito acordo.
Meira, 2 de agosto do 2019.- O Alcalde Accidental, Agustín Méndez Moirón.
R. 2423

A POBRA DO BROLLÓN
Anuncio Faise público que o Pleno do Concello en sesión extraordinaria celebrada o día 8 de xullo de 2019 con motivo da organización municipal prestou aprobación ás seguintes propostas:
ESTABLECEMENTO DA PERIODICIDADE DE SESIÓNS DO PLENO.
Dáse conta da seguinte proposta da alcaldía.

Anuncio publicado en: Num BOP 183 año 2019 09/08/2019 12:25:43
10/08/2019 08:00:00

R. 2422

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 10/08/2019

TitreBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaysEspagne

Date10/08/2019

Page count6

Edition count3289

Première édition01/03/2013

Dernière édition29/04/2024

Télécharger cette édition

Otras ediciones