Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 10/08/2019

Version en texte Qu'est-ce que c'est?Dateas est un site Web indépendant, non affilié à un organisme gouvernemental. La source des documents PDF que nous publions est l'agence officielle indiquée dans chacun d'eux. Les versions en texte sont des transcriptions non officielles que nous faisons pour fournir de meilleurs outils d'accès et de recherche d'informations, mais peuvent contenir des erreurs ou peuvent ne pas être complètes.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

6

Núm. 183 sábado, 10 de agosto de 2019

BOP Lugo
- Asociación de Desenvolvemento Local da Terra Cha: D. Roberto García Pernas titular e D. Verónica Amarelo Morado suplente.
-Reserva da Biosfera Terras do Miño: D. Roberto García Pernas titular e D. José Prieto Barro suplente.
-Consorcio Lugo e Terra Cha: D. Roberto García Pernas titular e D. José Prieto Barro suplente.
-Consorcio Galego de Igualdade e Benestar: D. Roberto García Pernas titular e Nélida Coira Pena suplente.
SEGUNDO.- Notificar o presente acordo aos Concelleiros designados e ó resto de organismos.
O que se fai público para xeral coñecemento.
En Xermade, a 31 de xullo de 2019.- O alcalde, Roberto García Pernas.
R. 2410

Anuncio ASUNTO: CONSTITUCIÓN DA COMISIÓN ESPECIAL DE CONTAS.
Consonte ao artigo 38 do RD 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, o Pleno do Concello de Xermade, na sesión extraordinaria celebrada o 15 de xullo de 2019, adoptou o seguinte acordo:
PRIMEIRO.- Constituír a Comisión Especial de Contas, xa que a súa existencia é obrigatoria, a quen lle corresponderá o exame, o estudio e o informe da Conta Xeral e das demais contas anuais, e que estará composta acomodar a súa composición á proporcionalidade existente entre tódolos grupos políticos representados na Corporación, propoño a seguinte composición:
a PSdeG-PSOE: tres 3 membros, incluído ao Alcalde
Será Presidente nato o Sr. Alcalde, podendo delegar a Presidencia nun dos membros da Comisión Informativa, a proposta da propia Comisión e mediante elección no seu seno.
SEGUNDO.- As sesións ordinarias da Comisión celebraranse con anterioridade ó pronunciamento do Pleno sobre as contas anuais, e nos días e horas que fixe a Alcaldía. Poderanse asemade convocar sesións extraordinarias nos termos recollidos no artigo 134 do ROF.
TERCEIRO.- A adscrición concreta á Comisión dos membros da Corporación que deban formar parte da mesma en representación de cada grupo, realizarse mediante escrito do Portavoz do mesmo dirixido ao Alcalde, e do que se dará conta ó Pleno. Poderá designarse, de igual forma, un suplente para cada titular.
O que se fai público para xeral coñecemento.
En Xermade, a 31 de xullo de 2019.- O alcalde, Roberto García Pernas.
R. 2411

Anuncio ASUNTO: PERIODICIDADE DAS SESIÓNS DOS PLENOS.
Consonte ao artigo 38 do RD 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, o Pleno do Concello de Xermade, na sesión extraordinaria celebrada o 15 de xullo de 2019, adoptou o seguinte acordo:
PRIMEIRO.- O Pleno celebrará sesión ordinaria cada dous meses, o segundo xoves de cada mes par febreiro, abril, xuño, agosto, outubro e decembro, ás 20:00 horas.
Se o día sinalado fose festivo, a sesión celebraráse o día hábil anterior a aquel, á mesma hora.
SEGUNDO.- Consonte co anterior, o Pleno celebrará a súa primeira sesión ordinaria o vindeiro 8 de agosto de 2019.
O que se fai público para xeral coñecemento.
Xermade, 31 de xullo de 2019.- O alcalde, Roberto García Pernas.
R. 2412

Powered by TCPDF www.tcpdf.org
Anuncio publicado en: Num BOP 183 año 2019 09/08/2019 12:25:43
10/08/2019 08:00:00

b PP: un 1 membro

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 10/08/2019

TitreBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaysEspagne

Date10/08/2019

Page count6

Edition count3289

Première édition01/03/2013

Dernière édition29/04/2024

Télécharger cette édition

Otras ediciones