Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 23/03/2019

Version en texte Qu'est-ce que c'est?Dateas est un site Web indépendant, non affilié à un organisme gouvernemental. La source des documents PDF que nous publions est l'agence officielle indiquée dans chacun d'eux. Les versions en texte sont des transcriptions non officielles que nous faisons pour fournir de meilleurs outils d'accès et de recherche d'informations, mais peuvent contenir des erreurs ou peuvent ne pas être complètes.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

SÁBADO, 23 DE MARZO DE 2019

N.º 068

CONCELLOS
BECERREÁ
Anuncio INFORMACIÓN PÚBLICA
Elevado a definitivo, por non terse presentado reclamacións, e así dispoñelo o acordo de plenario de data 20 de decembro de 2018 a medio da presente, publícase o devandito acordo na súa parte dispositiva en cumprimento do disposto nos artigos 49 e 70 da Lei 7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local.
REGULAMENTO DE RÉXIME INTERIOR DA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DE BECERREÁ
De conformidade co previsto no Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos programa e servizos sociais, no seu artigo 7. b do referido decreto que estabelece como un dos requisitos funcionais o dispor dunhas normas de funcionamento.

Segundo o Decreto 330/2009 de 4 de xuño polo que se estabelece o currículo de Educación Infantil.
Para o non previsto neste Regulamento estarase ó disposto na ley 5/1997, de 28 de xullo de Administración Local de Galicia, a Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e normativa de desenvolvemento, Lei 3/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, Lei 3/2011, de 30 de xuño, de apoio a familia e convivencia de Galicia, e demais normativa autonómica que lle sexa de aplicación.
Art. 1. Definición, Finalidade e Ámbito de Aplicación A escola infantil de Becerreá configúrase como un equipamento diúrno de carácter educativo e asistencial, dirixido ó sector infantil da poboación de 3 meses a 3 anos de idade, tendo por obxecto o desenrolo harmónico e integral dos cativos/as, realizando ademais unha importante labor de apoio á función educativa da propia familia é o mesmo tempo que facilita o acceso dos país/nais ó mundo laboral.
A Escola Infantil Municipal do Concello de Becerreá, cumpre unha función eminentemente social e educativa, proporcionando ós seus usuarios e usuarias unha atención integral sen distinción de raza, sexo, relixión, condición social ou económica, a través dun programa global que garante o pleno desenvolvemento físico, intelectual, afectivo e social dos nenos e nenas, e coa fin de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral e contribuír á mellor integración entre o Centro e as familias.
O presente regulamento ten por obxecto establecer a organización e o funcionamento da Escola Infantil do Concello de Becerreá do que é titular a entidade local 1.1. Datos do Centro:
A entidade titular da Escola Infantil é o Concello de Becerreá, está encadrada nos Servizos Sociais do Concello de Becerreá.
Nome do Centro: Escola Infantil Municipal de Becerreá Enderezo: Rúa Valgamarín, s/n Becerreá Tlf. 982 360 447
Correo electrónico: escolainfantilbecerrea@hotmail.com Entidade Titular: Concello de Becerreá Representante Legal: Sr./Sra. Alcalde/Alcaldesa do Concello de Becerreá Nº de Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais RUEPPS: E-405
Tipo de Xestión: a xestión da escola infantil será a que en cada momento determine o Pleno do Concello como órgano municipal competente para a determinación da forma de xestión.

Anuncio publicado en: Num BOP 68 año 2019 22/03/2019 13:31:00
23/03/2019 08:00:00

Segundo o Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 23/03/2019

TitreBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaysEspagne

Date23/03/2019

Page count22

Edition count3289

Première édition01/03/2013

Dernière édition29/04/2024

Télécharger cette édition

Otras ediciones

<<<Marzo 2019>>>
DLMMJVS
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31