Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 02/03/2019

Version en texte Qu'est-ce que c'est?Dateas est un site Web indépendant, non affilié à un organisme gouvernemental. La source des documents PDF que nous publions est l'agence officielle indiquée dans chacun d'eux. Les versions en texte sont des transcriptions non officielles que nous faisons pour fournir de meilleurs outils d'accès et de recherche d'informations, mais peuvent contenir des erreurs ou peuvent ne pas être complètes.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

SÁBADO, 2 DE MARZO DE 2019

N.º 052

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
SERVIZO DE CONTRATACIÓN E FOMENTO. UNIDADE DE OBRAS E PLANS
Anuncio O Pleno da Deputación Provincial de Lugo, na sesión ordinaria que tivo lugar o vinte e seis de febreiro de dous mil dezanove 26/02/2019, acordou a aprobación do asunto que deseguido se menciona:
BASES DO PLAN PROVINCIAL ÚNICO DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS 2019.

1.O presente PLAN PROVINCIAL ÚNICO DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS 2019 é un Plan propio da Deputación Provincial de Lugo para o exercicio 2019 destinado aos 67 concellos da provincia, que se elabora no marco do previsto no artigo 36.2.a da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e nos artigos 32 e 33 do Real Decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o Texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, que establecen a obriga das deputacións provinciais de aprobar anualmente un plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal, en cuxa elaboración deben participar os Concellos da provincia. O plan, que deberá conter unha memoria xustificativa dos seus obxectivos e dos criterios de distribución dos fondos, criterios que en todo caso han de ser obxectivos e equitativos e entre os que estará a análise dos costes efectivos dos servizos dos concellos poderá financiarse con medios propios da Deputación, as achegas municipais e as subvencións que acorden a comunidade autónoma e o Estado con cargo aos seus respectivos presupostos
2. O Plan finánciase coas seguintes achegas:
a Cunha achega da Deputación provincial por importe de 21.000.000,00€ e coas achegas que realicen os concellos para completar o financiamento dos investimentos, servizos e actuacións, posto que nos últimos anos a Administración Xeral do Estado non realizou achegas aos Plans provinciais elaborados polas deputacións provinciais.
A achega da Deputación financiase con cargo:
- Créditos do orzamento xeral de 2019.
- Créditos financiados con cargo ao remanente líquido de tesoureira de 2018.
b Achegas dos concellos: Nun importe equivalente ao mínimo obrigatorio do plan de obras e servicios POSdo ano 2016 por concello. A maiores, poderán complementar, con fondos propios ou provintes doutras Administración Públicas.
3.- O órgano competente para a aprobación das presentes bases do plan provincial único de cooperación cos concellos 2019 é o Pleno da Corporación, de acordo co establecido na lexislación de réxime local.
2.- ANTICIPOS
Logo da aprobación definitiva do Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos 2019, a Deputación Provincial poderá aboar un anticipo de ata o 50% sobre o importe total da achega, con dispensa de garantía e previa solicitude do concello.
Para o aboamento do devandito anticipo o Concello deberá achegar a seguinte documentación:
1. Solicitude do anticipo.
2. Declaración responsable na que se faga constar que a concello non é debedor por resolución de procedencia de reintegro, é dicir, que non ten pendente de ingreso no Tesouro Público ningunha reclamación de débeda derivada dunha resolución de reintegro de axuda pública.
3. Documento emitido pola entidade bancaria, no que figure o CIF do Concello, no que conste a conta na que se procederá, no seu caso, ao abono do correspondente anticipo, unha vez tramitada a documentación achegada.
No caso de que a Deputación tivese aboado o anticipo e o concello non executase ou xustificase a totalidade da cantidade ingresada por este concepto, o concello presentará documentación xustificativa do reintegro da parte
Anuncio publicado en: Num BOP 52 año 2019 01/03/2019 12:48:44
02/03/2019 08:00:00

1.- DENOMINACIÓN, APLICACIÓN ORZAMENTARIA E APROBACIÓN DAS BASES

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 02/03/2019

TitreBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaysEspagne

Date02/03/2019

Page count58

Edition count3289

Première édition01/03/2013

Dernière édition29/04/2024

Télécharger cette édition

Otras ediciones

<<<Marzo 2019>>>
DLMMJVS
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31