Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 16/02/2019

Version en texte Qu'est-ce que c'est?Dateas est un site Web indépendant, non affilié à un organisme gouvernemental. La source des documents PDF que nous publions est l'agence officielle indiquée dans chacun d'eux. Les versions en texte sont des transcriptions non officielles que nous faisons pour fournir de meilleurs outils d'accès et de recherche d'informations, mais peuvent contenir des erreurs ou peuvent ne pas être complètes.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

SÁBADO, 16 DE FEBREIRO DE 2019

N.º 040

XUNTA DE GALICIA
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. DIRECCIÓN XERAL DE ENERXÍA E
MINAS
Anuncio Resolución do 30 de xaneiro de 2019, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se outorgan á empresa Barras Eléctricas Galaico-Asturianas SA BEGASA as autorizacións administrativas previa e de construción para a infraestrutura eléctrica denominada Ampliación do parque de 132 kV da subestación San Cibrao 132/20 kV con dúas novas posicións de liña, no termo municipal de Lugo expediente: IN407A
2018/8633 AT.

Primeiro.- O 25/11/2009 a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas ditou resolución pola que se validou a Resolución do 03/09/2008, da Delegación Provincial de Lugo da Consellería de Innovación e Industria, pola que se autorizou e se aprobou o proxecto de execución da subestación San Cibrao 132/20 kV, no termo municipal de Lugo expediente IN407A 07/287-2, 7104 AT, promovido pola empresa Barras Eléctricas Galaico-Asturianas SA BEGASA e que presenta as seguintes características técnicas:
- Sistema de 132 kV de intemperie de simple barra, con dúas posicións de liña e dúas posicións de transformador de potencia, ademais dos transformadores de medida de barras. A aparellaxe está composta por equipamentos convencionais e equipamentos compactos con illamento SF 6.
- Sistema de 20 kV situado en celas de interior, con configuración de simple barra partida, con doce posicións de liña, dúas posicións de transformador, dúas posicións de servizos auxiliares, dúas posicións de medida de barras e dúas para a partición e remonte de barras.
- O conxunto de transformación estará formado por un transformador de 132/20 kV de 40 MVA instalado en intemperie.
Segundo.- O 23/05/2018 a empresa BEGASA presentou a solicitude de autorizacións administrativas previa e de construción para a infraestrutura eléctrica denominada Ampliación do parque de 132 kV da subestación San Cibrao 132/20 kV con dúas novas posicións de liña, acompañada do proxecto de execución.
Segundo consta no proxecto de execución, a infraestrutura eléctrica proxectada consiste na ampliación da subestación San Cibrao 132/20 kV con dúas posicións de liña de 132 kV, co fin de posibilitar a súa conexión coa nova subestación Ludrio, incrementando desta forma o mallado do sistema eléctrico da zona. Esta ampliación ten as seguintes características:
- O sistema de 132 kV con configuración de simple barra, formada por equipos convencionais e equipos compactos con illamento en SF 6, instalados en intemperie, amplíase con dúas posicións de liña compostas por seis transformadores de tensión indutivos, seis autoválvulas, doce illadores, soporte de apoio de barras de tipo columna seis para as barras principais e seis para as barras auxiliares, tres terminais de exterior ríxidos de composite para a transición aéreo-subterráneo da L/Ludrio 2, e un equipo híbrido de intemperie que incorpora dous interruptores automáticos, seis transformadores de intensidade e tres seccionadores con posta a terra.
- Na sala de control do edificio existente na instalación, engadirase un novo armario P3 para o control e protección das novas posicións de liña de 132 kV.
-

Instalación de dous novos contadores para a medida das novas posicións de liña, no armario de medida M2.

- Instalación de dous convertedores para a comunicación das novas proteccións diferenciais de liña coas homólogas na subestación de Ludrio.
Terceiro.- O 02/08/2018 a Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Economía, Emprego e Industria en adiante, xefatura territorial informou favorablemente o proxecto de execución da devandita infraestrutura eléctrica.

Anuncio publicado en: Num BOP 40 año 2019 16/02/2019 10:17:25
10:45:00

FEITOS

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 16/02/2019

TitreBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaysEspagne

Date16/02/2019

Page count34

Edition count3289

Première édition01/03/2013

Dernière édition29/04/2024

Télécharger cette édition

Otras ediciones

<<<Febrero 2019>>>
DLMMJVS
12
3456789
10111213141516
17181920212223
2425262728