Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 15/02/2019

Version en texte Qu'est-ce que c'est?Dateas est un site Web indépendant, non affilié à un organisme gouvernemental. La source des documents PDF que nous publions est l'agence officielle indiquée dans chacun d'eux. Les versions en texte sont des transcriptions non officielles que nous faisons pour fournir de meilleurs outils d'accès et de recherche d'informations, mais peuvent contenir des erreurs ou peuvent ne pas être complètes.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

VENRES, 15 DE FEBREIRO DE 2019

N.º 039

XUNTA DE GALICIA
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA.
DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO
Anuncio Resolución de corrección de erros do calendario laboral do ano 2019 para a Provincia de Lugo
"Conforme o disposto no artigo 37.2 do Estatuto dos traballadores, no artigo 46 do Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo, e no artigo 1.11 do Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, tamén serán inhábiles para o traballo, retribuídas e non recuperables, dúas festas locais, propostas polo órgano municipal competente dos respectivos concellos, cuxa publicación no boletín oficial de cada unha das provincias da comunidade autónoma será determinada pola persoa titular da xefatura territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria. As ditas festas locais publicaranse, así mesmo, no Diario Oficial de Galicia".
Á vista do que antecede, esta Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria elaborou o calendario laboral para 2019 incluíndo dous datas inhábiles para o traballo, retribuídas e non recuperables, no ámbito de cadanseu concello, previa proposta dos mesmos.
O 7 de febreiro de 2019 recibiuse nesta Xefatura unha comunicación do Concello de Guntín na que comunica un acordo tomado polo Pleno o día 3 de decembro de 2018, polo que se rectifican as datas festivas locais, polo que esta Xefatura RESOLVE
Corrixir a data do Luns das festas de Guntín, que terán lugar o día 8 de xullo de 2019.
Manter como festivo local o Martes de Antroido do 5 de marzo de 2019.
Publicar o anuncio da corrección de erros no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
Lugo, 7 de febreiro de 2019.- A xefa territorial, Pilar Fernández López.
R. 0399

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
SERVIZO DE RECURSOS HUMANOS SECCIÓN SELECCIÓN
Anuncio PUBLICACIÓN DO ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 8 DE FEBREIRO DE 2019 POLO QUE SE
APROBA A CONVOCATORIA QUE REXERÁ O PROCESO SELECTIVO PARA AMPLIAR A VIXENTE LISTAXE DE
EMPREGO TEMPORAL DE ADMINISTRATIVO
A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Lugo, en sesión ordinaria celebrada o día 8 de febreiro de 2019, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
Logo de ver a proposta do Sr. Deputado Delegado de Goberno Interior, Asuntos Xerais e Formación, do seguinte teor:
Obxecto da convocatoria.
O obxecto desta convocatoria é a de realizar un proceso selectivo, mediante o sistema de concursooposición, para ampliar unha listaxe de emprego temporal, para atender ás necesidades urxentes de incorporación de efectivos da categoría de administrativo/a, nas circunstancias recollidas no artigo 10.1 do EBEP;- ou no seu caso no artigo 15 do Estatuto dos Traballadores.

Anuncio publicado en: Num BOP 39 año 2019 14/02/2019 14:30:51
15/02/2019 08:00:00

O DECRETO 134/2018, do 10 de outubro publicado no DOG 203, de 24 de outubro de 2018, polo que se determinan as festas da Comunidade Autónoma de Galicia do calendario laboral para o ano 2019, recolle no artigo 2 o seguinte:

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 15/02/2019

TitreBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaysEspagne

Date15/02/2019

Page count37

Edition count3288

Première édition01/03/2013

Dernière édition27/04/2024

Télécharger cette édition

Otras ediciones

<<<Febrero 2019>>>
DLMMJVS
12
3456789
10111213141516
17181920212223
2425262728