Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 23/01/2019

Version en texte Qu'est-ce que c'est?Dateas est un site Web indépendant, non affilié à un organisme gouvernemental. La source des documents PDF que nous publions est l'agence officielle indiquée dans chacun d'eux. Les versions en texte sont des transcriptions non officielles que nous faisons pour fournir de meilleurs outils d'accès et de recherche d'informations, mais peuvent contenir des erreurs ou peuvent ne pas être complètes.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 019 mércores, 23 de xaneiro de 2019

BOP de Lugo
Anuncio Resolución do 17 de decembro de 2018 da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción, e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica LMT, CT e RBT Cortiñas-Toimil no concello de Paradela exp. 03/2017-AT.
Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico BOE núm. 310, do 27 de decembro e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, BOE núm. 310, do 27 de decembro polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción, e a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica.
- Denominación: LMT. CT. e RBT. Cortiñas-Toimil - Solicitante: Unión Fenosa Distribución S.A.
- Domicilio social: A Batundeira 2- Velle- 32960 Ourense - Situación: Concello de Paradela - Características técnicas principais:
Liña de Media Tensión aérea a 20 kV, cunha lonxitude de 796 m, con orixe na celosía metálica nº 84-2 tipo C18/3000, proxectada en substitución do poste de formigón existente tipo HV-13/250 da LAT SAR805
Portomarín derivación CT Barán San Pedro, condutor tipo LA 56/54,6 e final en Centro de Transformación Intemperie proxectado.

Centro de Transformación intemperie, cunha potencia de 100 kVA, e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Liña de Baixa Tensión aérea, cunha lonxitude de 228 m, con orixe en Centro de Transformación intemperie proxectado, condutor tipo RZ, e final na RBT existente do CT Baran San Pedro.

Finalidade da instalación: mellora da calidade da subministración eléctrica nos lugares de Cortiñas e de Toimil.
A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da citada lei 24/2013, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupacion para os efectos do artigo 52 da Lei de 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa BOE núm. 351, de 17 de decembro.
A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación, figuran no anexo que se insire xunto con esta resolución.
Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, Rolda da Muralla 70 referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas artigo 161 do Real decreto 1955/2000 e aqueloutras que estimen oportunas no prazo de vinte días hábiles a contar dende o día seguinte ao da última publicación ou ao da notificación individual.
Durante este prazo poderase examinar o proxecto das instalacións nesta xefatura territorial de luns a venres entre as nove da mañá e as dúas da tarde.
Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito aos únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da lei de expropiación forzosa BOE núm. 160 do 27 de xuño Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, BOE núm. 236, do 2 de outubro cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, tentada a notificación, non se puidera realizar e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.
Lugo, 17 de decembro de 2018.- Xefa territorial de Lugo, Pilar Fernández López R. 0130

Anuncio publicado en: Num BOP 19 año 2019 22/01/2019 11:03:58
23/01/2019 08:00:00

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 23/01/2019

TitreBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaysEspagne

Date23/01/2019

Page count7

Edition count3289

Première édition01/03/2013

Dernière édition29/04/2024

Télécharger cette édition

Otras ediciones