Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 31/01/2019

Version en texte Qu'est-ce que c'est?Dateas est un site Web indépendant, non affilié à un organisme gouvernemental. La source des documents PDF que nous publions est l'agence officielle indiquée dans chacun d'eux. Les versions en texte sont des transcriptions non officielles que nous faisons pour fournir de meilleurs outils d'accès et de recherche d'informations, mais peuvent contenir des erreurs ou peuvent ne pas être complètes.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

XOVES, 31 DE XANEIRO DE 2019

N.º 026

XUNTA DE GALICIA
CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE, AUGAS GALICIA. SERVIZO TERRITORIAL
DE LUGO
Anuncio O Concello de Ourol solicita de Augas de Galicia a autorización de obras en zona de servidume e policía. O
presente anuncio ten por obxecto abrir a regulamentaria información pública que prescribe o art. 52 do Regulamento do dominio público hidráulico. Expediente: DH.W27.62038
As obras solicitadas consisten en arranxar os accesos a Cadavosa, Colviños, Escourido, Penabade, O Carrusco, Sabucedo, Montouto, A Furada, Grandal, A Costa de Arriba, Atián, As Confurcas-A Laxe-O Cal e As Laxes, no Concello de Ourol, afectando a varios regos e colocando novas obras de drenaxe transversal:
Cadavosa: atravesa rego innominado bacía do Landro no punto 609.059, 4.824.968.
Colviños: colocación de obra de drenaxe transversal.

Sabucedo: zona de policía do rego de Barreiros e zona de servidume dun rego innominado afluente deste.
Colocación de obra de drenaxe transversal.
Montouto: atravesa rego innominado no punto 608.512, 4.827.206.
A Furada: zona de policía do rego Bordos.
Grandal: zona de policía do rego de Grandal e do río Landro e zona de servidume dun rego innominado bacía do Landro.
A Costa de Arriba: colocación de obra de drenaxe transversal.
Atián: atravesa un rego innominado no punto 612.973, 4.823.401e afecta á zona de policía do río Landro.
As Confurcas-A Laxe-O Cal: zona de policía do rego Lamas.
A Laxe: atravesa un rego innominado no punto 611.916, 4.822.219. Colocación de obras de drenaxe transversal.
O que se fai público para xeral coñecemento, por un prazo de vinte 20 días a partir do seguinte á data de publicación no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que os que se sintan prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, no Concello de Ourol ou nas oficinas deste servizo, situadas na Ronda da Muralla, 70, 2º, onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe.
Lugo,16 de xaneiro de 219.- A xefa do servizo territorial, Rocío Carreira Carral .
R. 0228

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA.
SERVIZO DE CONSERVACIÓN DA NATUREZA. DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO
Anuncio Miguel Angel Caruncho Campanario DNI 76413359 E solicita a ampliación do tecor Pombeiro e Atán LU-10007
cos terreos do monte veciñal en man común de Hervededo, Costa de Reboiras, Espiñeiro, Costa Tilleira e Biduedo, na parroquia de Frontón, termo municipal de Pantón.
O que fago público para o coñecemento xeral e que as persoas ou entidades que se consideren afectadas poidan facer as alegacións que estimen convenientes no prazo DUN MES, dende a súa publicación no BOP.

Anuncio publicado en: Num BOP 26 año 2019 30/01/2019 13:50:28
31/01/2019 08:00:00

Escourido: atravesa rego innominado bacía do Landro no punto 609.038, 4.822.819.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 31/01/2019

TitreBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaysEspagne

Date31/01/2019

Page count14

Edition count3289

Première édition01/03/2013

Dernière édition29/04/2024

Télécharger cette édition

Otras ediciones