Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 21/01/2019

Version en texte Qu'est-ce que c'est?Dateas est un site Web indépendant, non affilié à un organisme gouvernemental. La source des documents PDF que nous publions est l'agence officielle indiquée dans chacun d'eux. Les versions en texte sont des transcriptions non officielles que nous faisons pour fournir de meilleurs outils d'accès et de recherche d'informations, mais peuvent contenir des erreurs ou peuvent ne pas être complètes.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 017 luns, 21 de xaneiro de 2019

BOP de Lugo
Anuncio Aprobada inicialmente a Ordenanza municipal reguladora do funcionamento do Centro de Día para persoas maiores de Ribeira de Piquín, por acordo do Pleno de data 7 de decembro de 2018, de conformidade cos artigos 49 e 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 56 do Texto Refundido de Réxime Local, sométese a información pública polo prazo de TRINTA 30 DÍAS HÁBILES, a contar desde o día seguinte á inserción deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, para que poida ser examinada e presentar as reclamacións que se estimen oportunas.
Durante o devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se estimen pertinentes.
Considerarase definitivamente adoptado o acordo no caso de que non se presentasen reclamacións ao expediente no prazo anteriormente indicado.
Ribeira de Piquín, 4 de xaneiro de 2019.- O Alcalde, Roberto Fernández Rico.
R. 0116

Anuncio Por Acordo do Pleno con data 7 de decembro de 2018, tomouse en consideración a Memoria xustificativa relativa á prestación por parte do Concello do servizo público de xestión directa do centro de día para persoas maiores de Ribeira de Piquín, xunto coa documentación complementaria anexa, someténdose a información pública por prazo de TRINTA 30 DÍAS HÁBILES, a contar desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.

O que se fai público, de conformidade co disposto no artigo 97.1.c do Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril.
Ribeira de Piquín, 4 de xaneiro de 2019.- O Alcalde, Roberto Fernández Rico.
R. 0117

SARRIA
Anuncio Aprobada inicialmente por acordo do Concello Pleno, adoptado en sesión celebrada o día 27 de decembro de 2018, a desafectación e por tanto a alteración da cualificación xurídica dos bens inmobles sitos en San BreixoPiñeira: a Camiño con referencia catastral 27057A033090220000JB, que parte da marxe esquerda da pista que comunica con San Breixo, transcorre pola parcela 546 ata finalizar nunha construción destinada a estabulo. A
lonxitude do tramo afectado pola desafección é de 70 metros lineais, sendo a anchura variable e cunha superficie afectada duns 266 m. b Camiño con referencia catastral 27057A033090150000JU, que aparece grafado de norte a sureste entre as parcelas 550,547 e 96 ata finalizar na construción destinada a estábulo. A
lonxitude do tramo afectado pola desafección é de 90,20 metros lineais, sendo a anchura variable e cunha superficie afectada duns 262 m. Cambiando a súa cualificación de bens de dominio público a bens de carácter patrimonial, parcelas sobrantes.
De conformidade co artigo 8 do Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais, sométese a información púbica polo prazo dun mes a contar do día seguinte ao de publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello.
Durante devandito prazo poderá ser examinado o expediente nas depedencias municipais e formularse as alegacións que se estimen pertinentes, de non habelas elevarase automáticamente a definitivo o acordo de 27/12/2018 no que se aprobou provisionalmente a alteración da cualificación xurídica do ben citado.
Sarria, 10 de xaneiro de 2019.- A Alcaldesa, María del Pilar López Yañez.
R. 0118

Anuncio publicado en: Num BOP 17 año 2019 18/01/2019 13:35:40
21/01/2019 08:00:00

Durante este prazo poderase examinar polos particulares e Entidades nas dependencias municipais, a efectos de que se formulen as observacións que se estimen pertinentes.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 21/01/2019

TitreBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaysEspagne

Date21/01/2019

Page count5

Edition count3289

Première édition01/03/2013

Dernière édition29/04/2024

Télécharger cette édition

Otras ediciones