Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 02/01/2019

Version en texte Qu'est-ce que c'est?Dateas est un site Web indépendant, non affilié à un organisme gouvernemental. La source des documents PDF que nous publions est l'agence officielle indiquée dans chacun d'eux. Les versions en texte sont des transcriptions non officielles que nous faisons pour fournir de meilleurs outils d'accès et de recherche d'informations, mais peuvent contenir des erreurs ou peuvent ne pas être complètes.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 001 mércores, 2 de xaneiro de 2019

BOP de Lugo
PRIMEIRO. Normas Xerais O obxecto das presentes bases é a provisión, mediante concursooposición dun posto de traballo na categoría de conserxe, en réxime laboral.
As funcións serán as seguintes: custodiar mobiliario, máquinas, instalacións e locais, vixiar nas súas operacións ó persoal encargado da limpeza, controlar a entrada das persoas axeas ó servizo, informar e atender o público, recibir, clasificar e distribuír documentos, obxectos, correspondencia e publicidade de actividades municipais que a tales efectos lles sexan encomendados, realizar os traslados e montaxe de material, mobiliario e enseres que foran necesarios, realizar os encargos relacionados co servizo que se lles encomenda, dentro ou fora das dependencias, manexar máquinas reprodutoras, multicopistas, fotocopiadoras, encadernadoras e outras análogas, apertura e peche das instalacións , centro ou dependencia no que estea destinado, reparacións básicas de mobiliario e instalacións, prestar axuda en todos aqueles actos extraordinarios a celebrar nos mesmos e en calquera outra actividade semellante de colaboración ou axuda para a boa marcha das actividades que se desenrolen. As funcións detalladas teñen un carácter enunciativo podendo serlle asignadas calquera outras propias da súa categoría profesional.
SEGUNDO. Modalidade do Contrato A modalidade do contrato será laboral temporal cunha duración de sete meses, ao 75% da xornada, ao abeiro do disposto na normativa vixente, iniciándose a prestación dende a data da sinatura do contrato.
TERCEIRO. Condicións de Admisión de Aspirantes Para formar parte nas probas de selección, será necesario reunir os requisitos establecidos no artigo 56 do Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, aprobado por Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro:
a Ter a nacionalidade española sen prexuízo do disposto no artigo 57 do Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, aprobado por Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro.

c Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa. Só por lei poderá establecerse outra idade máxima, distinta da idade de xubilación forzosa, para o acceso ao emprego público.
d Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o desempeño das función propias do posto de traballo ao que se opta.
e Non haber sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin acharse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso do persoal laboral, no que fose separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non acharse inhabilitado ou en situación equivalente nin ser sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao empregado público.
f Estar en posesión de certificado de escolaridade ou titulación equivalente, ou en condicións de obtelo na data en que remate o prazo de presentación de instancias, que se deberá acreditar mediante documento oficial expedido polo organismo competente.
g Acreditar o coñecemento da lingua galega no nivel de Celga 2 ou o curso de iniciación, nos termos establecidos na disposición adicional 1 da Orde de 16 de xullo de 2007. Se non se pode acreditar este requisito poderase acceder igualmente ao proceso selectivo pero será necesario superar unha proba de lingua galega nos termos establecidos na cláusula sétima h A procedencia de todos os candidatos debe provir de situación de desemprego ou de mellora de emprego para os casos en que a xornada de traballo sexa igual ou inferior o 50% da xornada iEstar en posesión do permiso de conducir tipo B.
CUARTO. Forma e Prazo de Presentación de Instancias As solicitudes requirindo tomar parte nas correspondentes probas de acceso, nas que os aspirantes farán constar que reúnen as condicións esixidas nas presentes bases xerais, para a praza que se opte dirixiranse ao Sr. AlcaldePresidente do Concello de O Saviñao, presentaranse no Rexistro Xeneral deste Concello ou nalgún dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, no prazo de oito días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
As bases das probas selectivas, publicaranse no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
A solicitude deberá ir acompañada por:

Anuncio publicado en: Num BOP 1 año 2019
2018 02/01/2019
28/12/2018 08:00:00
11:23:35

b Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 02/01/2019

TitreBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaysEspagne

Date02/01/2019

Page count8

Edition count3289

Première édition01/03/2013

Dernière édition29/04/2024

Télécharger cette édition

Otras ediciones