Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 25/09/2018

Version en texte Qu'est-ce que c'est?Dateas est un site Web indépendant, non affilié à un organisme gouvernemental. La source des documents PDF que nous publions est l'agence officielle indiquée dans chacun d'eux. Les versions en texte sont des transcriptions non officielles que nous faisons pour fournir de meilleurs outils d'accès et de recherche d'informations, mais peuvent contenir des erreurs ou peuvent ne pas être complètes.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 221 martes, 25 de setembro de 2018

BOP de Lugo
A presente publicación surtirá efectos de notificación colectiva da liquidación tributaria, ao amparo do establecido no citado artigo 102.3 da Lei Xeral Tributaria.
Transcorrido o prazo de pago en período voluntario, as débedas relativas á auga, lixo e sumidoiro faranse efectivas pola vía de constrinximento e serán esixibles os recargos do períodio executivo e xuros de demora que correspondan, tal como se estipula nos artigos 26 e 28 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria e, se é o caso, as custas que se produzan.
Se o canon da auga non se fixera efectivo no período voluntario sinalado, suporá a exixencia do canon da auga directamente ao contribuínte pola vía de constrinximento pola Consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia e, así mesmo, faise saber que a repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económico-administrativa ante a Xunta Superior de Facenda Consellería de Facenda no prazo dun mes dende que se entenda producida a notificación mediante o padrón.
Guitiriz, 11 de setembro de 2018.- A Alcaldesa,Regina Polín Rodríguez.
R. 2646

MONFORTE DE LEMOS
Anuncio APROBACION PADRONS AXUDA AO FOGAR BASICA E LEI DEPENDENCIA AGOSTO 2018, PADRONS TAXA
POLA PRESTACIÓN DE SERVIZOS NAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS 2ºTRIMESTRE 2018 E
ANUNCIO DE COBRANZA
Por Xunta de Goberno Local do día 17.09.2018aprobáronse os seguintes padróns:
Prezos públicos Axuda ao Fogar Básica e Lei dependencia mes de agosto de 2018.
Taxa prestación servizos nas instalacións deportivas municipais 2ºTrimestre 2018

De acordó co disposto no artigo 102.3 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, notifícanse colectivamente os recibos derivados destes padróns.
De conformidade coa Ordenanza Xeral de ingresos municipais de dereito público, exporanse ao público nun prazo de 20 días, contados a partir do primeiro día do período de pago en voluntaria destes padróns, para que se poidan presentar as reclamacións pertinentes.
De acordó co artigo 14.2 c do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei das Facendas Locais, contra o acordo de aprobación dos padróns e das súas liquidacións poderase interpor recurso de reposición no prazo dun mes a contar dende o día seguinte ao remate da exposición pública dos padróns. Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición que no seu caso se formule, poderase interpor recurso contencioso-administrativo na forma e prazos que a tal efecto se establecen na Lei 25/98 de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso administrativa.
De acordó co disposto no artigo 62.3 da Lei Xeral Tributaria,fíxase como prazo de pago en período voluntario, dos devanditos padróns dende o 21.09.2018 ata o 21.11.2018.
Advírtese que transcorrido o prazo de ingreso en período voluntario, as débedas serán esixidas pola vía de constrinximento, e devindicaranse as correspondentes recargas do período executivo, os xuros de mora, e no seu caso, as costas que se produzan.
Monforte de Lemos, 18 de setembro de 2018.- O alcalde, José Tomé Roca.
R. 2647

POL
Anuncio Por Resolución da Alcaldía de data 17 de agosto de 2018, prestouse aprobación ao Padrón da taxa por recollida de lixo, correspondente ao primeiro trimestre do ano 2018.
Por medio do presente edicto, realízase notificación colectiva das respectivas débedas tributarias nos termos que se establecen polo artigo 102.3 da Lei 58/2003 do 17 de decembro, Xeral Tributaria.
O pagamento en periodo voluntario deberá facerse efectivo na forma e nos prazos que se establezan polo Servizo de Recadación da Deputación Provincial de Lugo entidade na que se ten delegado esta competencia por parte do Concello.
Pol, 6 de setembro de 2018.- O Alcalde,Lino Rodríguez Ónega.
R. 2648

Anuncio publicado en: Num BOP 221 año 2018 25/09/2018 08:00:00

-

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 25/09/2018

TitreBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaysEspagne

Date25/09/2018

Page count4

Edition count3289

Première édition01/03/2013

Dernière édition29/04/2024

Télécharger cette édition

Otras ediciones

<<<Septiembre 2018>>>
DLMMJVS
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30